Canto diñeiro vas seguir perdendo por non montares unha tenda online?

Charla práctica sobre como crear unha tenda online mínima viable en 10 pasos, escoller as ferramentas imprescindibles e empezar a vender sen perderse en centos de configuracións.

Montar unha tenda en liña non consiste en instalar WooCommerce, subir catro produtos e esperar a que alguén apareza coa tarxeta na man. Antes hai que validar a idea, decidir que vas vender, ordenar o catálogo, configurar os pagamentos e conseguir que unha persoa poida completar a compra sen atopar obstáculos polo camiño.

Nesta charla da Meetup de WordPress da Coruña explico como crear un comercio electrónico en dez pasos, desde a primeira idea ata a primeira venda. Sen dar mil voltas, sen configurar opcións que aínda non necesitas e sen converter o lanzamento nun proxecto eterno que nunca chega a publicarse.

O obxectivo é construír unha tenda online mínima viable: suficientemente sinxela para poder lanzala e suficientemente sólida para empezar a aprender de clientes reais. En 45 minutos verás as decisións, ferramentas e pasos imprescindibles para poder replicar o proceso no teu propio negocio.

Comparte:
Isto vai de: Tendas online
Tipo: Charla