— Deseño e mantemento de páxinas web con WordPress

Cantos clientes se che escapan cada mes porque a túa web non convence ?
A maioría das webs de autónomos e pequenos negocios son tarxetas de visita esquecidas. A túa debería facer outra cousa: transmitir confianza, explicar ben o que fas e axudar a que máis clientes dean o paso.
— Mira, este é o teu problema real
A túa web non falla porque sexa fea. Falla porque non convence
Hai un patrón que vexo unha e outra vez no meu día a día: negocios bos con webs que non lles traen nada. A miúdo, reciben visitas, pero ningún contacto. Ás veces invisten en publicidade, pero a páxina non fai o seu traballo.
Os clientes entran (se tes sorte), miran e marchan. Non atopan o que necesitan, non entenden ben a túa proposta ou non ven motivos para escribirche.
Pagas publicidade que leva tráfico a unha web que non convence. Iso non é facer márketing. É mandar xente a unha porta medio pechada.
Cobras ben porque o teu traballo ben o vale. Pero a túa web non acompaña. E cando a web parece barata, os teus prezos parecen moi caros.
A competencia que traballou mellor a súa web aparece antes en Google e ChatGPT, transmite máis confianza e queda na cabeza do cliente antes ca ti.
Unha web mal feita non é gratis. Págase en clientes que non escriben, chamadas que non chegan e oportunidades que nin sequera sabes que perdiches.
Anxo Sánchez, deseñador de páxinas web

— Imaxina o cambio grazas a unha páxina web

Unha web que deixa menos dúbidas e atrae mellores clientes

Esta sección non vai de prometerche contactos por arte de maxia. Iso soa moi ben en LinkedIn, pero a realidade é máis seria.

Vai disto: que unha persoa chegue a entrar na túa web. E, se entra, entenda en poucos segundos quen es, que fas, para quen traballas e por que debería confiar en ti.

Vai de que non escriban preguntando cousas que xa deberían estar claras. Vai de que o posible cliente chegue máis informado, con menos dúbidas e con máis predisposición a contratarte.

Unha boa web fai parte do traballo antes da primeira conversa.

Explica os teus servizos. Ordena a túa proposta. Responde obxeccións. Transmite calidade.

E deixa claro que detrás hai un negocio profesional, non alguén que montou unha páxina nunha tarde grazas a unha IA de 20€.

— O proceso do deseño web

Un método para crear a túa web sen caos nin sorpresas
Cada fase ten un obxectivo definido e unha validación pola túa parte. Non se avanza sen revisar o anterior. Os prazos varían segundo o proxecto, pero a duración habitual está entre 4 e 8 semanas.
[01]
Diagnóstico
Reunión inicial, análise do negocio, mercado, competencia e cliente ideal. Saes cun orzamento, prazos realistas e un plan claro.
[02]
Estratexia e contidos
Definimos a estrutura da web, as páxinas, a mensaxe principal e a optimización SEO básica. Antes de deseñar, hai que saber que queremos dicir.
[03]
Desenvolvemento web
Creo unha web adaptada á túa marca, pensada para móbil e feita con WordPress cunha base sólida, rápida e preparada para medrar.
[04]
Lanzamento e formación
Publico a web, revisamos que todo funcione e douche formación para que poidas xestionala con autonomía. Inclúe soporte inicial.

— Servizo de deseño web

Tres pezas que separan unha web profesional dun modelo calquera
01

Análise de mercado e SEO técnico desde a base

Antes de deseñar visualmente a web, estudo o teu negocio, a competencia, os teus clientes potenciais e as palabras clave máis relevantes do teu sector. A web nace cunha estrutura pensada para ser entendida por persoas, por Google e polas intelixencias artificiais.
02

Deseño e desenvolvemento a medida

Nada de coller un modelo predeseñado, cambiar cores e a ver se hai sorte de que todo funciona ben. Deseño unha web adaptada á túa marca, aos teus servizos e ao tipo de cliente que queres atraer. Primeiro pensamos a estrutura. Despois construímos.
03

Velocidade, seguridade e mantemento

Unha web lenta, fráxil ou mal configurada acaba dando problemas. Por iso mesmo, deixo a base técnica preparada desde o principio: velocidade, seguridade, copias, actualizacións e un período de soporte para resolver dúbidas despois do lanzamento.

— Preguntas sobre deseño web

As dúbidas que case sempre aparecen antes de empezar
Pero garántesme que a web vai traer máis clientes?

Non.

E quen cho prometa está mentindo.

O que si podo facer é crear unha web ben preparada para captar oportunidades: estrutura clara, mensaxe traballada, velocidade, SEO básico, boa experiencia de usuario e unha presentación máis profesional do teu negocio.

Iso non substitúe o teu servizo, a túa reputación, o teu mercado nin a túa capacidade para atraer visitas.

Pero sen unha web ben feita, todo iso traballa con menos forza.

Porque non vendo un modelo cambiado de cor.

Nunha web miña hai análise, estrutura, deseño, desenvolvemento, revisión de textos, SEO básico, velocidade, formación e soporte inicial.

Seguro que hai ofertas máis baratas.

Perfecto.

Poden ser boa opción se buscas algo máis sinxelo. Eu son boa opción se queres unha web pensada con criterio e feita para durar.

Pode pasar.

Por iso traballo por fases: diagnóstico, estrutura, deseño, desenvolvemento e lanzamento.

Non se avanza sen validar antes o importante. Se algo non encaixa, revísase no momento correcto. O que non ten sentido é descubrir ao final que a web non representa o teu negocio.

A improvisación sae cara.

Durante o período de soporte inicial respondo dúbidas e corrixo posibles erros relacionados co lanzamento.

Despois podes contratar mantemento mensual se queres despreocuparte de actualizacións, copias, seguridade e pequenas revisións.

A web é túa.

Sen ataduras.

Si, se pagan a pena.

Antes de tirar nada, reviso o que xa tes: textos, páxinas posicionadas, contidos útiles, estrutura, URLs e posibles redireccións.

O que non adoito conservar é a base técnica vella se está mal construída.

A miúdo, o mellor xeito de facer unha web duradeira é comezar de cero.

Tempo, información e implicación.

Preciso entender o teu negocio, os teus servizos, o teu cliente ideal, a túa forma de traballar e o que queres conseguir coa web.

Normalmente tes que participar en polo menos unha reunión, revisar propostas, validar fases e achegar información sobre o teu negocio.

A web constrúoa eu.

Pero o criterio tamén sae do que ti sabes do teu mercado.

— Opinións de quen traballou comigo
Proxectos que xa están en liña
Unha web non vale polo ben que queda nunha maqueta. Vale polo que pasa despois: explícase mellor, xérase confianza e conséguense os seus obxectivos.
Desde o inicio entendeu ben os obxectivos, a dimensión técnica da iniciativa e axudounos a trasladala a unha web clara, rápida e visualmente coherente.Valoramos a súa capacidade para escoitar, adaptarse ás necesidades e achegar criterio propio.
Luis Antelo
Traballar con Anxo significa delegar con 100% de confianza o deseño web e saber que unha web que moitas veces está nun pequeno boceto, cobra realidade gracias a súa implicación, experiencia e capacidade de execución
Javier Boquete
Acompañounos, resolveu as dúbidas e buscou solucións adaptadas ás necesidades da comunidade. Non se limitou a executar o que pediamos: tamén propuxo melloras na organización dos contidos, na experiencia de usuario e no deseño.
Innovación Rural
— Antes de facer outra web calquera
Falemos da web que o teu negocio necesita de verdade
Envíame información sobre o teu proxecto e revisarei se ten sentido traballarmos xuntos. Se a túa web necesita orde, estrutura e criterio, pódoche axudar.