Portfolio

Unha selección con algúns dos máis de 150 proxectos web nos que participei. Son proxectos escollidos porque amosan diferentes xeitos de resolver problemas reais en Internet.
Páxina web Son de Lugo
Ecommerce
2026
Migración de PrestaShop a WooCommerce. Redeseño dun ecommerce multidioma, con produtores e produtos conectados, subscricións, loxística externa e venda directa de produto local.
Web de Asociación PuntoGal
Blog, Web corporativa
2026
Deseño e desenvolvemento dunha plataforma optimizada e veloz para explicar a Aceptación Universal e ofrecer recursos prácticos adaptados a diferentes sectores profesionais.
Web de Alba Cerezo
Web corporativa
2026
Unha web sinxela e estratéxica para presentar os servizos de Alba, transmitir a súa forma de traballar e construír unha primeira presenza dixital sólida e propia.
Web de Cabañas Fisterra
Ecommerce, Web corporativa
2026
Redeseño dunha web turística rápida e orientada ao posicionamento, cunha tenda a medida que automatiza a creación, personalización, pago e envío de bonos regalo para terceiras persoas.
Web de Casa Grande de Xanceda
Blog, Concursos, Landing page
2026
Campañas dixitais para transformar iniciativas sociais e ambientais en experiencias visuais, participativas e rápidas, con liberdade creativa e solucións técnicas pensadas para responder a cada acción.
Web de Santiago Cubelo
Blog, Portfolio, Web corporativa
2026
Deseño dunha web corporativa visualmente atrevida para presentar os servizos e traballos de Remedia, sen sacrificar velocidade, claridade nin rendemento técnico en ningún dispositivo.
Web de A Cantina en Fisterra
Menú interactivo, Web corporativa
2026
Unha web corporativa cunha carta dixital deseñada para móbil, rápida, visual e doada de xestionar, pensada para resolver unha necesidade diaria real dentro do restaurante en Fisterra.
Web de Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil
Directorio, Web corporativa
2026
Unha migración masiva para converter anos de contido desordenado nunha biblioteca dixital rápida e consultable, con libros, persoas, eventos, recensións, publicacións e recursos ben estruturados.
Web de Sonsonos
Portfolio, Web corporativa
2026
Unha web corporativa con portfolio e contido especializado para presentar un estudo de arquitectura con personalidade, reforzar o posicionamento local e mostrar cada proxecto.
Web de Casa Príncipe
Web corporativa
2026
Unha páxina web pequena e bilingüe para presentar un mel artesanal dos Ancares, poñer en valor os cortíns e converter territorio, produto e historia en marca.
Web de Mur Studio
Portfolio, Web corporativa
2025
Unha web de interiorismo cunha interface elegante e un portfolio filtrable, pensado para presentar cada proxecto mediante descricións breves e galerías amplas a pantalla completa.
Web de Agrilar
Blog, Web corporativa
2025
Unha web bilingüe e coidada para presentar un centro de psicomotricidade vivenciada, explicar a súa metodoloxía e transmitir seguridade, proximidade e confianza ás familias.