— Deseño de páxinas web para Nutricionistas
O teu negocio de nutrición non pode semellar un plan de nutrición sacado de ChatGPT
Creo webs para dietistas-nutricionistas que necesitan diferenciarse da IA, dos consellos xenéricos e dos plans baratos: valor ben explicado, servizos claros, axenda, SEO local e unha presenza profesional que explique por que o teu traballo vale o que custa.
- Convenio co CODINUGAL
- Coñecemento a fondo do mercado
— O mercado confundiu nutrición con reels de lifestyle
A túa web ten que separar un servizo profesional dun consello barato
A túa paciente xa non compara só entre profesionais. Compara entre ti, ChatGPT e unha conta de Instagram ou TikTok que promete cambios imposibles. Se a túa web non marca a diferenza, acabas competindo no peor sitio: o prezo.
ChatGPT parece barato ata que o problema é serio
A IA pode xerar un menú en segundos. Ti tes que avaliar contexto, hábitos, patoloxías, riscos e adherencia. Se a túa web non explica iso, serás "máis cara" que un bot automático.
Instagram fixo moito dano
Receitas bonitas, corpos perfectos e frases baleiras. A nutrición de verdade quedou oculta polo espectáculo. A túa web ten que separar consulta clínica de contido para redes.
Moitas pacientes xa chegan queimadas
Dietas imposibles, promesas rápidas, menús ríxidos e persoas que lles fixeron sentir culpa. Non buscan outro plan máis. Buscan alguén que as entenda e lles dea seguridade.
Clientela con desconfianza
Quere saber prezo, duración, enfoque, se fas consulta online, se tratas o seu caso e se vai sentirse xulgada. Se a web non responde rápido, marcha. E non che avisa.
Unha web para nutricionistas non pode limitarse a dicir “consulta presencial e en liña”. Ten que defender o teu valor, transmitir confianza e facer que a paciente sinta que chegou a un sitio serio antes de preguntar o prezo.
— Webs para nutricionistas
Tres pezas para que a túa consulta deixe de parecer unha opción máis
01
Que a paciente saiba se ti es para ela
A persoa que entra na túa web non sempre sabe explicar o que necesita. A miúdo, chega cansa, con dúbidas, ou con medo a sentirse xulgada. A túa web debe axudala a recoñecerse, a entender o teu enfoque e a decidir se a túa consulta é o lugar indicado para ela.
- Servizos por tipo de necesidade
- Páxinas específicas para especialidades
- Mensaxe adaptada á clienta
- Deseño en consonancia contigo
- Seccións que non xeren dúbidas
02
Que chegue á consulta con menos medo
Moitas persoas chegan con culpa, con inseguridade ou co cansazo de probar cousas. A túa web pode preparar esa primeira relación: explicar como traballas, que non vas facer, como é a primeira sesión e que pode esperar a paciente sen prometereslle milagres.
- Explicación clara da primeira consulta
- Preguntas frecuentes
- Información sobre prezos, bonos ou formatos
- Formularios de contacto
03
Que a consulta non dependa só de Instagram
Instagram pode traer visibilidade, pero non debería ser o centro de todo. A web ten que ser a túa casa: onde explicas servizos, recolles solicitudes, publicas contido útil, posicionas en Google, amósaste nas IAs e constrúes confianza sen dependeres do algoritmo de cada semana.
- SEO local por cidade e especialidade
- Blog preparado para subir contidos
- Integración con axenda
- Desenvolvemento de funcionalidades
- Estrutura pensada para captar pacientes

— Imaxina o cambio grazas á túa web
Unha web que dá tranquilidade antes da primeira consulta
Imaxina: unha persoa entra na túa web despois de probar dietas imposibles, consellos xenéricos ou respostas de ChatGPT.
E que, por fin, respire.
Que entenda como traballas, que vexa se o seu caso encaixa contigo e que saiba que non vai recibir outro menú preconfigurado.
Vai de que non che escriban con dez dúbidas básicas antes de reservar. Vai de que cheguen á primeira consulta con máis confianza, menos medo e unha idea clara de como lles vas axudar.
Unha boa web fai parte do acompañamento.
Explica os teus servizos. Ordena o teu enfoque. Responde obxeccións. Transmite rigor.
E deixa claro que detrás hai unha dietista-nutricionista profesional.
— Opinións de nutricionistas
Webs para consultas que xa están funcionando
Traballar con Anxo foi un descanso xa que sabemos que está pendente de que todo funcione correctamente, no momento que ve que algo non vai ben o corrixe e sé e preciso nos informa e responde os correos moi rápido.
CODINUGAL
O proxecto consistía en crear unha páxina web dende cero. O seu traballo superou as miñas expectativas e a nova web tivo moi boa acollida. Recomendo a todas aquelas empresas que precisen destes servizos que contacten porque non se van arrepentir.
Alba Cerezo
Anxo é unha persoa implicada, eficaz, paciente e sempre dispoñible para adaptar as modificacións que lle propoñíamos da forma máis efectiva posible ás nosas necesidades así como de solucionar todas as dúbidas que nos xurdiron no proceso.
Laura Regueiro
— Se es nutricionista
A túa consulta merece unha web á altura do teu traballo
Se queres unha web pensada para explicar mellor os teus servizos, facilitar reservas e transmitir máis confianza antes da primeira cita, cóntame o teu caso. Se formas parte de CODINUGAL, tes desconto!