— Deseño de tendas online con WordPress e WooCommerce

— Vender sen andar apagando lumes
A túa tenda debería vender, cobrar e avisar sen que teñas que estar detrás de todo
Isto non vai de prometerche pedidos mentres dormes como se a tenda imprimise cartos soa. Vai de algo máis serio.
Que unha persoa entre, atope o produto, entenda as opcións, vexa claro o prezo, saiba canto custa o envío e poida pagar sen pelexar coa pantalla.
Vai de que o cliente reciba a confirmación correcta, que ti recibas o aviso do pedido e que todo quede minimamente ordenado para xestionalo sen perderes unha mañá enteira.
Unha boa tenda online non elimina o traballo.
Pero si o optimiza.
Unha tenda online debería axudarche a vender.
E non ser un problema máis.
— O proceso de tenda online
— Servizo de tendas online
Produtos que se entenden e se atopan
- Estrutura de categorías e produtos
- Revisión de fichas de produto
- URLs claras e SEO básico.
- Textos orientados á venda
- Organización da información
Compra fácil, rápida e sen fricción
- Carriño e finalización de compra claros
- Configuración de pagamentos
- Envíos e custos ben definidos
- Experiencia pensada para móbil
- Correos automáticos de pedido
Xestión pensada para non depender de min
- Formación para xestionar a tenda
- Facturación segundo o caso
- Configuración básica de impostos
- Soporte inicial despois do lanzamento
- Mantemento opcional, pero recomendado
— Preguntas sobre deseño web
Canto tempo leva crear unha tenda online?
Entre 4 e 10 semanas na maioría dos casos, dependendo do número de produtos, pasarelas, envíos, idiomas, integracións e contidos.
Unha tenda non se lanza cando “xa se ve ben”.
Lánzase cando comprar, pagar, recibir correos e xestionar pedidos funciona como debe.
Podo vender se aínda teño poucos produtos?
Si. De feito, moitas veces é mellor empezar cun catálogo pequeno, ben presentado e fácil de xestionar que lanzar unha tenda enorme chea de produtos mal explicados.
Pasiño a pasiño.
Pódese migrar desde Shopify, PrestaShop ou outra plataforma?
Si, pero antes hai que revisar que paga a pena conservar.
Poden migrarse produtos, categorías, clientes, pedidos, imaxes e contidos segundo o caso. Porque non todas as plataformas funcionan igual. As que se basean no software libre son máis sinxelas de conectar.
Tamén se revisan URLs e redireccións para non tirar ao lixo o traballo que xa fixeches en Google.
Que pasarela de pagamento me recomendas?
Depende do teu volume, do teu banco, do tipo de produto e do mercado ao que vendas.
Para moitos negocios pequenos, Stripe é sinxela e fiable. Para tendas con máis volume en España, Redsys pode saír mellor polos custos por operación.
Non hai unha resposta universal: escóllese a que teña máis sentido para a túa tenda.
Podes configurar envíos, impostos e facturación?
Si. Esa é precisamente unha das partes críticas dunha tenda online.
Configúranse métodos de envío, zonas, impostos, correos automáticos, datos legais e, se cómpre, facturación ou integracións con ferramentas externas.
O importante é que a tenda non dependa de apaños manuais para cada pedido.
Quero vender en varios idiomas. É posible?
Si, pero iría con ollo neste tema.
Unha tenda multilingüe implica traducir produtos, categorías, páxinas, correos, avisos, condicións, métodos de envío e partes do proceso de compra.
Pódese facer, pero aumenta custo, prazo e complexidade. Se non hai unha necesidade clara, é dicir, se non tes un mercado aberto e ben estudado nese idioma, adoito recomendar lanzar primeiro nun idioma e ampliar despois.
E se algo falla despois do lanzamento?
Durante o período de soporte inicial reviso incidencias relacionadas co lanzamento e resolvo dúbidas de uso.
Despois podes contratar mantemento mensual se queres despreocuparte de actualizacións, copias, seguridade, pequenas melloras e revisións periódicas. Nunha tenda en liña, o mantemento é moi recomendable.