Recursos

Charlas, ebooks, checklists e materiais gratuítos sobre WordPress, deseño web e negocio dixital. Recursos propios para aprender, revisar o que tes e tomar mellores decisións en Internet.
Charla
10 accións que debes facer se queres arruinar a túa páxina web
Charla sobre dez decisións aparentemente inocentes que poden converter unha páxina web profesional nunha ferramenta lenta, confusa e incapaz de atraer clientes.
Charla
Canto diñeiro vas seguir perdendo por non montares unha tenda online?
Charla práctica sobre como crear unha tenda online mínima viable en 10 pasos, escoller as ferramentas imprescindibles e empezar a vender sen perderse en centos de configuracións.
Charla
Caso real dun side project de cursos online con WordPress
Caso práctico sobre como crear, lanzar e facer medrar unha plataforma de cursos online con WordPress, desde a captación de persoas interesadas ata a conversión en vendas.
Ebook
Portada do ebook «Checklist de auditoría»
Ebook gratuíto de 10 páxinas para revisar a túa presenza dixital, detectar puntos febles e poñer orde na web, o SEO, as redes sociais, o email márketing e a medición.
Charla
Checklist WPO: 10 pasos para que a túa web WordPress non sexa unha tartaruga
Charla práctica con dez comprobacións clave para detectar por que unha web WordPress carga lenta e aplicar melloras reais sen caer en solucións máxicas nin tecnicismos innecesarios.
Charla
Como comercializar o teu primeiro curso online con WordPress
Charla práctica sobre tres formas de crear e vender un curso online con WordPress, desde unha solución básica e gratuíta ata unha plataforma LMS completa e preparada para escalar.
Ebook
Portada do ebook «Conquistar clientes: marca de éxito»
Ebook práctico para entender o márketing de atracción e aprender a crear contidos, captar confianza e facer que máis clientes cheguen ao teu negocio sen andar perseguíndoos.
Charla
Creando unha rede de sitios web con WordPress
Charla práctica sobre como crear, configurar e xestionar unha rede de sitios con WordPress Multisite, aplicada a blogs, proxectos multilingües, empresas e plataformas cunha estrutura común.
Charla
Crear un modelo con FSE para un novo Tipo de Dato Personalizado
Charla práctica sobre como deseñar con bloques o modelo visual dun tipo de contido personalizado en WordPress usando Full Site Editing e campos de datos dinámicos.
Ebook
Portada do ebook «Segredos para crear unha páxina web»
Guía práctica para crear a túa primeira páxina web con WordPress, entender dominio, hosting, temas, plugins, deseño básico e captación de subscritores sen saber programar.