— Formación en WordPress, IA e negocio dixital

Aprende a xestionar a túa web e usar a IA sen depender doutra persoa
Hai cousas que non deberías delegar toda a vida. Editar a túa web, entender unha tenda online, usar a IA con criterio ou tomar decisións dixitais sen ir ás cegas. Todo para gañar autonomía no teu negocio.
— O que che está freando
A falta de autonomía dixital acaba custando tempo, cartos e paciencia
Non é só cambiar unha foto, editar un texto ou entender unha ferramenta nova. É todo o que se activa arredor: buscar como se fai, ter medo a romper algo, pedir axuda, esperar resposta, pagar por cambios mínimos ou tomar decisións sen saber se teñen sentido.
Cada cambio é un mundo. Cambiar unha foto, editar un texto ou tocar unha páxina acaba sendo un inferno de dúbidas e unha tarefa pendente durante días.
A IA avanza e ti estás paralizado: ves ferramentas, vídeos e promesas por todas partes, pero non tes claro que serve de verdade para o teu negocio.
Perdes tempo en problemas básicos. Buscas titoriais, preguntas en grupos, probas cousas ao chou e acabas resolvendo tarde algo que non era tan complexo.
Decides sen criterio. Contratas ferramentas, instalas plugins ou automatizas procesos sen saber se encaixan co que necesitas ou se che van complicar máis a vida.
Non tes que facelo todo ti. Pero hai cousas que deberías entender mellor para non traballar sempre con medo, présa ou dependencia.
Anxo Sánchez impartindo formación web

— O cambio real

Non se trata de saber máis tecnoloxía. Trátase de traballar con máis control

Imaxina poder facer os cambios básicos da túa web sen ter que pedir permiso, esperar resposta ou cruzar os dedos.

Editar unha páxina. Publicar unha entrada. Revisar unha tenda online. Entender que pasa cando algo non funciona.

Imaxina tamén usar a IA sen sentir que vas tarde, sen copiar o que fan todos e sen perder horas probando cousas que non necesitas.

Non para substituír o teu criterio.

Para traballar mellor.

O obxectivo da formación é ese: que gañes autonomía, tomes mellores decisións dixitais e deixes de mirar WordPress, WooCommerce ou a IA como algo alleo a ti.

— Como podemos traballar

Non todo se resolve cun curso. Nin todo precisa unha mentoría
Hai quen necesita aprender unha base. Hai quen necesita resolver un bloqueo concreto. E hai quen precisa criterio continuado para tomar mellores decisións dixitais. Por iso hai tres formatos.
[01]
Cursos en grupo
Formación online en directo ou presencial para aprender WordPress, WooCommerce, IA ou ferramentas dixitais con explicacións claras, práctica real e casos reais.
[02]
Consultoría individual
Para resolver un problema concreto: mellorar unha web, revisar unha tenda online, escoller unha ferramenta ou ordenar unha idea antes de gastar diñeiro.
[03]
Mentoría 1:1
Acompañamento mensual para revisar decisións, prioridades, procesos e bloqueos dixitais con máis criterio e menos improvisación.

— Que vas aprender

Catro áreas para deixar de ir ás cegas no teu negocio dixital
01

WordPress profesional, sen medo a tocar a túa web

Aprende a editar páxinas, publicar contido, cambiar textos e imaxes, revisar formularios, entender plugins e xestionar o básico da túa web sen sentir que vas romper algo.
02

Formación en centros de ensino (IES e FP)

Formacións para IES e ciclos de FP sobre WordPress, creación web, IA aplicada, eCommerce e negocio dixital, con exemplos reais e enfoque práctico para o alumnado que vai saír ao mercado.
03

Intelixencia artificial aplicada ao traballo real

Aprende a usar a IA para tarefas concretas: escribir mellor, preparar propostas, ordenar ideas, revisar textos, analizar información, crear materiais e aforrar tempo sen perder criterio propio.
04

Criterio dixital para decidir mellor

Aprende a escoller ferramentas, detectar problemas, avaliar propostas e saber cando unha solución dixital che axuda de verdade ou só che complica máis a vida.
— Formación para empresas, entidades e programas profesionais
Non ensino desde a teoría. Ensino desde anos de proxectos reais
Impartín formación sobre WordPress, comercio electrónico, intelixencia artificial, márketing dixital e ferramentas web para entidades, profesionais e programas vinculados ao emprendemento e á transformación dixital
Logotipo da Xunta de Galicia
Logotipo da Fundación Ronsel
Logotipo do Concello da Coruña
Logotipo de Paideia
Logotipo de Turislab
Logotipo de YBS
— O seguinte paso
Gaña autonomía dixital
Aprende a xestionar mellor a túa web, usar a IA con máis criterio e tomar decisións dixitais sen ir sempre ás cegas.