— Deseño de páxinas web para tradutores e intérpretes

A IA cambia palabras. Ti fas que a mensaxe funcione onde de verdade importa
Creo webs para tradutores, intérpretes e profesionais da localización que necesitan deixar de parecer intercambiables fronte á IA, DeepL, Google Translate e as axencias que apretan as tarifas: especialización clara, servizos ben explicados, portfolio ordenado e unha marca persoal que faga visible o teu traballo.
— O mercado confundiu traducir con automatizar texto
Se o cliente non entende o teu valor, vai elixir traducir cunha aplicación
O teu cliente xa non compara entre profesionais. Compara entre ti, DeepL, Google Translate, ChatGPT, axencias que van a volume e persoas que “controlan idiomas”. Se a túa web non marca a diferenza, acabas loitando no peor sitio: polo prezo.
A IA parece suficiente ata que o texto importa de verdade
DeepL ou ChatGPT poden sacar unha versión rápida. Pero non entenden intención, contexto, cultura... Se a túa web non explica esa diferenza, pareces máis caro ca unha ferramenta.
As axencias pagan pouco porque ti es invisible
Moitas axencias venden calidade ao cliente final e logo subcontratran por catro euros. Se non tes marca propia, acabas sendo invisible nunha cadea onde non apareces.
O cliente cre que traducir é cambiar palabras de idioma
Non ve terminoloxía, ton, rexistro, localización, adaptación cultural nin coherencia. Se a túa web non educa, o cliente só entende unha cousa: cantas palabras son e canto custan.
Se vendes “traducións” en xeral, pareces intercambiable
Tradución xurada, audiovisual, editorial, técnica, localización, interpretación ou transcreación non son o mesmo. Se a túa web non mostra especialización, por que te van escoller?
Unha web para tradutores e intérpretes non pode limitarse a nomear idiomas, tarifas e correo de contacto. Ten que facer visible o teu criterio, explicar a túa especialización e demostrar que o teu traballo non é só producir palabras: é resolver problemas de comunicación con responsabilidade profesional.

— Webs para profesionais da lingua

Tres cousas que unha web xenérica non entende do teu traballo
01

Que o cliente entenda por que ti es a opción correcta

Non todo o mundo busca “unha tradución”. Hai quen necesita seguridade legal, naturalidade editorial, precisión técnica, adaptación cultural, voz de marca, interpretación nun evento ou unha localización que non soe a texto pasado por máquina.
02

Que o teu criterio deixe de ser invisible

O maior problema da tradución profesional é que moito do valor non se ve. O cliente ve un texto final mais non ve decisións, matices, revisións, terminoloxía, ton, coherencia nin adaptación cultural. A túa web ten que facer visible ese traballo sen converterse nunha clase de lingüística.
03

Que non dependas só de axencias ou plataformas

As axencias poden traer traballo. Pero se toda a túa captación depende delas, o prezo márcao outro, non ti. A web ten que funcionar como a túa casa profesional: onde explicas quen es, que fas mellor, por que confiar en ti e como contratarte directamente.
Anxo Sánchez

— Imaxina o cambio grazas á túa web

Unha web que fai que deixes de parecer substituíble

O xogo vai disto: que unha empresa, unha editorial, unha produtora, unha institución ou un profesional entenda rápido que non está diante dunha persoa que simplemente “sabe idiomas”.

Está ante alguén que entende textos, contextos, intencións, públicos, cultura, ton…

Vai de que non che escriban só preguntando “canto cobras por palabra?”. Vai de que o cliente chegue con máis contexto, máis confianza e máis predisposición a valorar o teu criterio.

Unha boa web fai visible o que normalmente queda oculto.

Explica os teus servizos. Ordena a túa especialización. Mostra experiencia. Responde dúbidas. E deixa claro que detrás hai unha persoa profesional, non unha alternativa humana e cara a DeepL.

A túa web non ten que convencer a todo o mundo. Ten que conseguir os clientes axeitados para ti.

— Proxectos reais
Webs de profesionais que deixaron de parecer intercambiables
Recomendo a toda persoa que traballe por conta propia que contrate os seus servizos porque gañará un espazo de seu para se pór en valor e destacar no sector que se adapte a un deseño actual, dinámico e profesional.
Jose Rodríguez
Quedei moi contenta co resultado: teño unha plataforma profesional dende a cal ofrecer os meus servizos. Ademais, coa organización da páxina, as cores, o tipo de letra, etc., conseguiu converter en algo concreto todas as ideas que lle comentara.
Raquel Sobrado
Anxo renovou a miña páxina web profesional en base ao deseño das miñas tarxetas da visita. O resultado final está a ser moi positivo porque a páxina nova e as súas suxestións fan que transmita unha imaxe seria e ao tempo de proximidade.
Iria Taibo
— Antes de seguir competindo por prezo
A túa web ten que vender o teu valor desde xa
Unha web non vai salvar por si soa a túa carreira freelance. Pero si pode facer algo importante: deixar claro quen es, que fas mellor e por que contratarte a ti ten máis sentido que buscar a opción máis barata.