Creando unha rede de sitios web con WordPress

Charla práctica sobre como crear, configurar e xestionar unha rede de sitios con WordPress Multisite, aplicada a blogs, proxectos multilingües, empresas e plataformas cunha estrutura común.

Antes de que as redes sociais ocupasen case todo o espazo, os blogs eran unha das principais formas de publicar contido, compartir coñecemento e construír comunidade en Internet. Moitos desapareceron polo camiño, pero a idea segue plenamente vixente: ter un espazo propio, baixo o teu control e sen depender por completo dun algoritmo.

WordPress Multisite permite crear e xestionar varios sitios desde unha única instalación. Pode servir para redes de blogs, webs corporativas multilingües, grupos de empresas, centros educativos, departamentos ou calquera proxecto no que diferentes sitios compartan unha mesma base técnica.

Nesta charla explico como se crea unha rede Multisite, que posibilidades ofrece e que hai que ter en conta para xestionala correctamente. Todo a partir da experiencia real de Fala.gal, unha plataforma na que calquera persoa pode crear un sitio web en galego con só uns poucos clics.

Comparte:
Isto vai de: WordPress
Tipo: Charla