Non todos os cursos en liña necesitan a mesma tecnoloxía. Unha masterclass puntual, unha formación con varias leccións ou unha academia completa teñen necesidades moi diferentes. O erro habitual é empezar pola ferramenta máis complexa antes de saber se realmente fai falta.
Nesta charla explico tres maneiras de comercializar formación con WordPress segundo o nivel de investimento, a complexidade do curso e o punto no que está o proxecto: unha opción básica con plugins gratuítos e pagamentos sinxelos, unha estrutura intermedia con máis control sobre usuarios e contidos, e unha solución completa cun sistema LMS integrado con WooCommerce.
O obxectivo é entender que podes comezar cunha estrutura mínima viable e facer que a tecnoloxía medre ao ritmo do negocio. Sen pagar desde o primeiro día por funcións que aínda non necesitas, pero sen pechar tampouco a porta a cuestionarios, leccións, seguimento do alumnado e unha xestión máis avanzada.