Menú interactivo, Web corporativa
2026

Restaurante A Cantina

Unha web corporativa cunha carta dixital deseñada para móbil, rápida, visual e doada de xestionar, pensada para resolver unha necesidade diaria real dentro do restaurante en Fisterra.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://acantinafisterra.com
Captura da web de A Cantina en Fisterra en escritorio
Captura da web de A Cantina en Fisterra en móbil
Negocio / proxecto

A Cantina en Fisterra

Idioma

Castelán

Tecnoloxía

WordPress con galerías a medida

En colaboración con

Remedia. Márketing 360

Máis sobre o proxecto

A Cantina é un restaurante situado no porto de Fisterra, cunha proposta de cociña caseira e produto galego. A parte corporativa da web presenta o negocio cunha interface limpa, directa e rápida, acompañada dun traballo de estrutura e posicionamento local.

Pero o motivo polo que inclúo este proxecto no portfolio non é a portada.

É a carta.

A web funciona como menú dixital do propio restaurante a través dun código QR. A carta está deseñada desde o móbil: navegación por tipos de pratos, acceso rápido mediante áncoras, fotografías a gran tamaño e ingredientes que se poden mostrar ou ocultar sen sobrecargar a pantalla. As galerías foron desenvoltas a medida para anticipar visualmente o prato anterior e o seguinte e conseguir unha navegación máis natural.

Encargueime do desenvolvemento web e da construción desta carta interactiva en colaboración con Remedia, responsable da comunicación e doutras partes do proxecto. Inclúoa porque explica ben o que pode achegar unha web cando deixa de ser un simple escaparate e se converte nunha ferramenta útil para o funcionamento diario dun negocio: rápida para quen consulta, sinxela de actualizar e preparada para funcionar sen problemas no lugar onde realmente se usa.

«A tranquilidade de poder delegar un traballo coma este nun profesional como Anxo faime afrontar cada proxecto coa confianza de saber que o resultado sempre estará á altura do que o cliente espera.

Desde as primeiras propostas foron xurdindo pequenos axustes que acabaron marcando a diferenza, conseguindo que a web da Cantina sexa sinxela, intuitiva e cómoda tanto para quen a visita como para quen a xestiona. Ademais, transmite á perfección ese equilibrio entre elegancia e proximidade que buscabamos desde o primeiro momento.

Traballar con alguén que entende a túa visión, coida cada detalle e achega solucións durante todo o proceso é, sen dúbida, un valor engadido».

Foto de Santiago Cubelo (Remedia)
Santiago Cubelo

Comunicación e estratexia

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar