Blog, Web corporativa
2026

Aceptación Universal de PuntoGal

Deseño e desenvolvemento dunha plataforma optimizada e veloz para explicar a Aceptación Universal e ofrecer recursos prácticos adaptados a diferentes sectores profesionais.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://ua.gal
Captura da web de Asociación PuntoGal en escritorio
Captura da web de Asociación PuntoGal en móbil
Negocio / proxecto

Asociación PuntoGal

Idioma

Galego

Tecnoloxía

WordPress. Deseño 100% bloques

Máis sobre o proxecto

UA.gal é o portal do Proxecto de Aceptación Universal promovido por PuntoGal, coa participación de ICANN, geoTLD e outras entidades. A iniciativa defende unha idea tan básica como aínda pouco aplicada: que calquera dominio ou enderezo de correo funcione correctamente, independentemente da súa extensión, lingua ou alfabeto.

O reto era explicar un estándar técnico sen construír unha web que só entendesen especialistas. Había que ordenar documentación, ferramentas, achegas e contidos de actualidade, pero tamén adaptar a información a sectores moi diferentes: administracións, centros educativos, comercio electrónico, comunicación, cultura dixital, software libre ou videoxogos.

Encargueime da proposta de interface e de todo o desenvolvemento web, construído con ferramentas nativas de WordPress e unha estrutura baseada en bloques. O resultado é unha plataforma flexible, moi optimizada e preparada para medrar, na que os contidos, as listas de comprobación e os recursos técnicos se poden consultar de xeito sinxelo.

Inclúoo porque demostra que unha web institucional non ten por que ser lenta, ríxida nin aburrida. E porque Internet non é realmente aberta se só funciona ben para os dominios, alfabetos e usuarios de sempre.

«Traballamos con Anxo no desenvolvemento da web do Proxecto de Aceptación Universal de PuntoGal. Desde o inicio entendeu ben os obxectivos, a dimensión técnica da iniciativa e axudounos a trasladala a unha web clara, rápida e visualmente coherente.

O proceso foi colaborativo e ordenado. Anxo mantívonos informados en cada fase, resolveu as dúbidas con rapidez e foi propoñendo melloras na estrutura, no deseño e na forma de presentar contidos complexos a públicos distintos.

Valoramos a súa capacidade para escoitar, adaptarse ás necesidades do proxecto e achegar criterio propio sen perder de vista o que queriamos comunicar».

Logotipo de PuntoGal
Luís Antelo

Responsable de márketing de PuntoGal

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar