Blog, Portfolio, Web corporativa
2026

Remedia. Márketing 360

Deseño dunha web corporativa visualmente atrevida para presentar os servizos e traballos de Remedia, sen sacrificar velocidade, claridade nin rendemento técnico en ningún dispositivo.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://remedia.gal
Captura da web de Santiago Cubelo en escritorio
Captura da web de Santiago Cubelo en móbil
Negocio / proxecto

Remedia

Idioma

Galego

Tecnoloxía

WordPress con contidos dinámicos

Máis sobre o proxecto

Remedia é unha axencia de márketing situada na Costa da Morte que traballa con empresas de toda Galicia. Xestiona desde estratexia e redes sociais ata identidade corporativa, fotografía de produto e creación de contidos. A web debía presentar esa variedade de servizos, pero tamén demostrar a capacidade creativa da propia axencia a través do seu portfolio e do blog.

Neste caso, o deseño non podía pasar desapercibido.

Construímos unha interface dinámica, con movemento, composicións pouco convencionais e unha personalidade visual forte. O reto estaba en conseguir ese efecto sen caer nun erro bastante habitual: facer unha web espectacular durante os primeiros cinco segundos e desesperante durante todos os seguintes. Por iso, o deseño e a optimización traballáronse ao mesmo nivel, para manter unha carga rápida e unha navegación fluída.

Encargueime do deseño da interface e do desenvolvemento web. Inclúoa porque amosa que non hai que escoller entre personalidade e rendemento: unha web pode ser atrevida, moverse e sorprender sen converterse nunha carga pesada.

Remedia é, ademais, un colaborador habitual coa que comparto proxectos.

«Desde o primeiro momento tiña moi claro o que quería e como quería que a miña marca estivese representada en todos os formatos. Antes deste proxecto non coñecía a Anxo, pero a verdade é que todo foi sobre rodas desde o primeiro contacto.

Partimos dun briefing inicial no que lle expliquei tanto o que buscaba como, sobre todo, o que non quería. A partir de aí, a comunicación foi sempre directa, fluída e transparente, algo que fixo que se xerase unha gran confianza para seguir colaborando en futuros proxectos.

O resultado non puido ser mellor. Anxo soubo plasmar á perfección os valores, a profesionalidade e a imaxe que quero transmitir aos meus clientes. Cada vez que entro na web síntome totalmente identificado co que vexo.

Seguirei traballando con Anxo e recomendareino sen ningunha dúbida a calquera persoa que busque un profesional serio e implicado. Desde o primeiro momento todo son facilidades, explicacións claras, comunicación constante e unha atención especial aos pequenos detalles, tanto se o proxecto sae adiante como se finalmente non chega a materializarse».

Foto de Santiago Cubelo (Remedia)
Santiago Cubelo

Responsable da axencia

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar