Ecommerce, Web corporativa
2025

Arela Saúde. Nutrición e fisioterapia

Unha web con dúas identidades, dúas navegacións e unha soa instalación para ordenar servizos clínicos, empresas, formación e venda de recursos dixitais sen mesturalos nin crear confusión.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://arelasaude.com/inicio-clinica
Captura da web de Arela Saúde S.Coop Galega en escritorio
Captura da web de Arela Saúde S.Coop Galega en móbil
Negocio / proxecto

Arela Saúde S.Coop Galega

Idioma

Galego e castelán

Tecnoloxía

WordPress e tenda online con contidos dinámicos

Máis sobre o proxecto

Arela Saúde reúne nunha mesma marca dúas actividades diferentes. Por unha banda, unha clínica de nutrición e fisioterapia na Coruña. Pola outra, servizos para empresas, restauración colectiva, hostalaría, formación e venda de materiais dixitais.

Por requisitos do rexistro sanitario, esas dúas áreas debían estar claramente separadas.

Non só nos contidos.

Dentro dunha mesma instalación conviven dúas estruturas case independentes: menús diferentes, pés de páxina propios, navegacións específicas e dúas identidades visuais. A área clínica emprega unha linguaxe máis próxima e unha gama laranxa; a parte empresarial e formativa adopta o verde e unha comunicación orientada a organizacións e profesionais.

Encargueime de deseñar e desenvolver esa arquitectura, mantendo a coherencia da marca sen facer pasar unha área polo que non era. Tamén se traballaron a investigación de palabras clave, a estrutura de títulos, o SEO técnico e a organización dun catálogo con cursos, libros electrónicos e outros recursos, ademais do blog da clínica.

Inclúoa porque é un bo exemplo de como resolver unha restrición real sen parcheala. Non se trataba de facer unha web partida pola metade, senón de conseguir que dúas webs diferentes convivisen con orde, fosen fáciles de manter e non confundisen a quen entra.

«Contactamos con Anxo para facer o desenvolvemento da nosa páxina web e non podemos estar máis contentas da elección. Anxo é unha persoa implicada, eficaz, paciente e sempre dispoñible para adaptar as modificacións que lle propoñíamos da forma máis efectiva posible ás nosas necesidades así como de solucionar todas as dúbidas que nos xurdiron no proceso.

Anxo ten un amplo coñecemento técnico no seu ámbito. No momento de rematar o proceso de desenvolvemento, resultounos moi útil a formación e instrucións que nos deu para manexar o WordPress e poder autoxestionar a web, facendo especial énfase nas técnicas para coidar o posicionamento web, que nós descoñecíamos en gran parte e nas que él mesmo á hora do desenvolvemento web pon especial coidado.

Sen dúbida recomendaríamos o seus servicios, cun trato cercano e adaptado ás necesidades do cliente.»

Foto de Laura Regueiro
Laura Regueiro

Dietista-nutricionista

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar