Portfolio, Web corporativa
2025

Jose Rodríguez. Tradución e interpretación

Web corporativa en tres idiomas para presentar servizos de tradución audiovisual, localización e subtitulado, reforzar o posicionamento e demostrar experiencia mediante un portfolio profesional.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://josergtrad.gal
Captura da web de José Rodríguez en escritorio
Captura da web de José Rodríguez en móbil
Negocio / proxecto

Jose RG tradución

Idioma

Galego, castelán e inglés

Tecnoloxía

WordPress

Máis sobre o proxecto

JoseRGTrad é a marca profesional de Jose Rodríguez, tradutor especializado en tradución audiovisual, localización de videoxogos e subtitulado. A web presenta os seus servizos en galego, castelán e inglés, tanto para clientes galegos como para proxectos internacionais.

O reto era explicar con claridade especialidades que adoitan meterse todas no mesmo saco.

Cada servizo dispón do seu propio espazo, cunha estrutura pensada para responder ás buscas dos potenciais clientes e explicar as diferenzas entre traducir unha obra audiovisual, localizar un videoxogo ou preparar subtítulos profesionais. O portfolio permite, ademais, demostrar experiencia con traballos reais sen depender unicamente dun discurso comercial.

Encargueime do deseño e desenvolvemento da web, da investigación de palabras clave, da estrutura de títulos e do apoio na redacción e organización dos contidos nos tres idiomas. Inclúoa porque representa ben o que debe facer unha web corporativa profesional: cargar rápido, explicar unha especialización concreta e posicionarse para as buscas adecuadas.

«O trato con Anxo Sánchez foi cómodo, áxil e cumpriu todas as miñas expectativas. Coñecín o seu traballo por recomendacións de compañeiras do sector e contratei os seus servizos porque necesitaba crear unha páxina web que se adaptase aos requirimentos do mercado laboral da tradución.

O resultado final é inmellorábel, xa que aportou ideas de moito valor desde o primeiro momento e que a min nunca se me ocorrerían.

Recomendo a toda persoa que traballe por conta propia que contrate os seus servizos porque gañará un espazo de seu para se pór en valor e destacar no sector que se adapte a un deseño actual, dinámico e profesional.»

Foto de José Rodríguez
José Rodríguez

Tradutor e intérprete

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar