Directorio, Intranet, Web corporativa
2025

Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia

Plataforma web para ordenar información, conectar profesionais e automatizar xestións, con directorio, ofertas, recursos e unha intranet multilingüe ao servizo das persoas colexiadas.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://codinugal.es
Captura da web de Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia en escritorio
Captura da web de Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia en móbil
Negocio / proxecto

Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia

Idioma

Galego e castelán

Tecnoloxía

WordPress con directorio de profesionais e intranet

Máis sobre o proxecto

CODINUGAL é o Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia. A súa web debía cumprir dúas funcións moi distintas: informar á cidadanía e servir como ferramenta de traballo para o Colexio e para as persoas colexiadas.

Na parte pública conviven toda a información corporativa, as novas, as ofertas de emprego, un apartado de empresas e un directorio no que cada profesional pode decidir se quere aparecer. Todo funciona en galego e castelán, cunha estrutura preparada para organizar e relacionar unha gran cantidade de contidos sen que a web se converta nun labirinto.

A parte máis complexa está detrás do inicio de sesión.

Desenvolvín unha intranet na que cada persoa colexiada pode actualizar o seu propio perfil, descargar documentación privada, consultar actas, convenios e ofertas exclusivas ou enviar solicitudes ao Colexio mediante formularios específicos. Procesos que antes podían depender de correos, documentos soltos e xestións manuais pasan a estar centralizados nun único lugar.

Inclúoa porque é un exemplo claro dunha web que non está feita só para ser visitada. Está feita para traballar con ela.

Ademais, manteño unha colaboración continuada con CODINUGAL e un servizo específico para dietistas-nutricionistas que queiran desenvolver ou renovar a súa propia web profesional con condicións especiais.

«Levamos máis de 6 anos traballando con Anxo, fíxonos a primeira web cunha parte privada sinxela para subir as ofertas de traballo.

Hai apenas un ano cambiamos prácticamente a totalidade da web, a área personal aumentou a funcionalidade. En todos estes anos traballar con Anxo foi un descanso xa que sabemos que está pendente de que todo funcione correctamente, no momento que ve que algo non vai ben o corrixe e sé e preciso nos informa e responde os correos moi rápido.

Tamén contamos con él para formacións dos nosos colexiados e para firmar convenio porque consideramos que é un gran profesional co que merece a pena traballar».

Logotipo de CODINUGAL
Almudena Seijido

Secretaria de CODINUGAL

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar