Blog, Web corporativa
2024

Centro Amilogo

Unha web corporativa optimizada que presenta servizos profesionais, equipo e instalacións, e facilita o contacto directo co centro mediante WhatsApp Business do Centro Amilogo.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://centroamilogo.com
Captura da web de Elena Rivas en escritorio
Captura da web de Elena Rivas en móbil
Negocio / proxecto

Centro Amilogo

Idioma

Castelán

Tecnoloxía

WordPress con contidos dinámicos

Máis sobre o proxecto

Centro Amilogo é un centro situado en Fene que traballa nas áreas de logopedia, terapia ocupacional, psicopedagoxía e psicoloxía, con atención tanto a crianzas como a persoas adultas. A web debía presentar con claridade cada servizo, o equipo profesional e as instalacións nas que se desenvolve o traballo.

Non había que construír unha plataforma complexa.

Había que conseguir que unha persoa chegase á web, identificase rapidamente se o centro podía axudala e soubese con quen contactar. Por iso, cada especialidade conta co seu propio apartado e a navegación complétase cunha presentación do equipo, unha galería do centro e un blog con contidos sobre linguaxe, aprendizaxe e benestar.

Encargueime do deseño e desenvolvemento dunha interface clara, preparada para móbil e optimizada para cargar con rapidez. O contacto mediante WhatsApp Business ocupa un lugar central, reducindo os pasos entre a consulta da información e a solicitude dunha cita.

Inclúoa porque representa ben o que necesita unha web corporativa deste tipo: non chamar a atención en cousas innecesarias, senón ordenar a información, transmitir profesionalidade e facer moi doado dar o seguinte paso.

«Púxenme en contacto con Anxo para desenvolver a web do noso centro sanitario multidisciplinar. Desde o primeiro momento sentínme moi a gusto, sendo parte activa da súa elaboración aínda que sempre guiada por un profesional que controla moitos aspectos importantes a ter en conta no que respecta ao deseño web. Un dos aspectos que máis valoro de todo o proceso foi a atención, respondendo de forma rápida e eficiente a todas as dúbidas que me xurdiron.

Sen dúbida, como consecuencia de facer pública a web, recibimos unha gran cantidade de pacientes que solicitaron información a través do formulario web. Os pacientes tamén nos din que agora é máis doado acceder á información sobre que servizos ofrecemos no centro e a nosa forma de abordar o traballo.

Por outra banda, recomendaría sen dúbida os servizos de Anxo a calquera empresa, xa que grazas a eles podes facer medrar a túa empresa e chegar a máis e máis persoas».

Foto de Elena Rivas
Elena Rivas

Responsable de Amilogo

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar