Blog, Web corporativa
2023

Raquel Sobrado. Tradución e interpretación

Unha web corporativa en tres idiomas, monocromática e elegante, para presentar servizos de tradución, revisión, interpretación e subtitulado cunha imaxe profesional, clara e coherente.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://raquelsobrado.es
Captura da web de Raquel Sobrado en escritorio
Captura da web de Raquel Sobrado en móbil
Negocio / proxecto

Raquel Sobrado

Idioma
Tecnoloxía
Máis sobre o proxecto

Raquel Sobrado é tradutora e intérprete e ofrece servizos de tradución, revisión e corrección de textos, interpretación e subtitulado. A web presenta a súa experiencia e a súa forma de traballar en galego, castelán e inglés, facilitando que clientes de diferentes mercados comprendan rapidamente como pode axudalos.

Neste caso, a identidade visual parte dunha proposta monocromática.

A combinación de branco, negro, azul, tipografía e fotografía constrúe unha interface elegante e profesional sen depender de grandes recursos gráficos. A estrutura dá protagonismo aos servizos, ás opinións de clientes e á propia Raquel, cunha navegación sinxela que conduce de maneira natural cara ao contacto.

Encargueime do deseño e desenvolvemento da web multilingüe, procurando que as tres versións mantivesen a mesma coherencia visual, claridade e velocidade. O blog permite, ademais, ampliar a parte comercial con contidos sobre tradución, linguas e comunicación profesional.

Inclúoa porque representa ben unha web corporativa pequena resolta con criterio. Non necesita destacar mediante cores intensas ou efectos innecesarios: transmite especialización, confianza e coidado precisamente a través da contención.

​«Souben de Anxo por recomendación de alguén a quen lle fixera a súa páxina web e decidín escribirlle para comentarlle o que tiña en mente: unha web en tres idiomas e sinxela coa que poder transmitir unha imaxe máis profesional no tocante ós meus servizos como tradutora.

Dende o primeiro momento, a sensación que me transmitiu foi de profesionalidade. Aconselloume para que eu soubese como debían ser os textos da web e sempre estivo aí para resolver calquera cuestión que me ía xurdindo. Deste xeito, sentinme moi acompañada, algo que agradecín moito ó tratarse dun proceso no que eu tiña dúbidas ó non estar moi posta no tema da creación de páxinas web.

Quedei moi contenta co resultado, pois grazas ó seu traballo, agora teño unha plataforma profesional dende a cal ofrecer os meus servizos. Ademais, coa organización da páxina, as cores, o tipo de letra, etc., conseguiu converter en algo concreto todas as ideas que eu lle comentara.

Polo tanto, do mesmo xeito que eu cheguei a Anxo por recomendación doutra persoa, gustaríame que estas palabras lle puidesen ser de axuda a alguén. Dende logo, se tivese que crear outra web, encargaríalla a Anxo sen dubidalo».

 

Foto de Raquel Sobrado
Raquel Sobrado

Tradutora e intérprete

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar