Iria Taibo é tradutora, intérprete e revisora especializada en inglés, portugués, galego e castelán. A súa web presenta os servizos profesionais, a experiencia e unha selección de libros e proxectos nos que participou, con todos os contidos dispoñibles en galego, castelán, portugués e inglés.
É unha web corporativa deliberadamente sinxela.
A estrutura permite coñecer a profesional, entender rapidamente que servizos ofrece, consultar algúns dos seus traballos e solicitar un orzamento. A dificultade principal estaba en manter catro versións lingüísticas completas cunha navegación coherente, sen facer que a web resultase máis pesada ou difícil de manter ca unha páxina nun único idioma.
Encargueime do deseño e desenvolvemento da web multilingüe. Inclúoa tamén por unha razón persoal: foi unha das primeiras webs profesionais que desenvolvín e continúa funcionando con rapidez e cumprindo o seu obxectivo anos despois.
Non todos os proxectos teñen que destacar pola súa complexidade. Ás veces, unha boa web é a que envellece ben, non dá problemas e continúa explicando con claridade quen es e que podes facer polos teus clientes.


