Blog, Web corporativa
2022

Nortecreando

Redeseño dunha web corporativa con personalidade: ordenar a oferta de servizos, adaptar a nova identidade e acompañar a evolución dunha axencia consolidada.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://nortecreando.com/
Captura da web de Nortecreando en escritorio
Captura da web de Nortecreando en móbil
Negocio / proxecto

Nortecreando

Idioma

Castelán

Tecnoloxía

WordPress con contidos dinámicos

En colaboración con

Sara de Nanuc Design

Máis sobre o proxecto

Nortecreando é unha axencia de comunicación e márketing dixital con sede na Coruña. Traballa estratexia de marca, redes sociais, campañas, creación de contidos e comunicación para empresas que necesitan poñer máis orde e intención no que contan.

O proxecto partía dunha marca que xa deixara atrás a súa primeira etapa.

Había que reformular a web anterior, adaptar a nova identidade corporativa e organizar unha oferta de servizos cada vez máis ampla. A interface debía transmitir creatividade e personalidade, pero tamén criterio, método e capacidade para traballar con empresas consolidadas. A estrutura complétase cun blog que permite compartir coñecemento e reforzar o posicionamento da axencia.

Encargueime do desenvolvemento web e de trasladar á interface o deseño traballado en colaboración con Sara, de Nanuc Design. O resultado é unha web visualmente atrevida, con composicións e recursos propios, pero clara á hora de presentar os servizos e conducir cara ao contacto.

Inclúoa porque representa ben o redeseño dunha marca en crecemento.

«Traballar con Anxo foi moi doado. Moi profesional, próximo, con vocación e implicado ao 100% no proxecto. Cando lle trasladas unha dúbida ou problema, sempre ten varias solucións e resólveas inmediatamente.

No meu caso, desenvolveu o novo deseño da miña páxina web en WordPress. O resultado final foi fantástico, conseguindo un sitio web limpo e moi sinxelo de navegar».

Foto de Sara Fernández
Sara Fernández

Emprendedora

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar