Blog, Web corporativa
2025

Agrilar Psicovivenciada

Unha web bilingüe e coidada para presentar un centro de psicomotricidade vivenciada, explicar a súa metodoloxía e transmitir seguridade, proximidade e confianza ás familias.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://agrilarpsicovivenciada.com/
Captura da web de Agrilar en escritorio
Captura da web de Agrilar en móbil
Negocio / proxecto

Agrilar Psicovivenciada

Idioma

Galego e castelán

Tecnoloxía

WordPress

Máis sobre o proxecto

Agrilar é un centro de pedagoxía e psicomotricidade vivenciada en Ourense que acompaña nenos, nenas e familias desde unha mirada global do desenvolvemento. O seu traballo parte do corpo, do movemento e da emoción para abordar as dificultades desde a súa orixe, non só desde o síntoma.

A web debía explicar unha metodoloxía pouco coñecida sen resultar fría nin excesivamente técnica.

Por iso, a interface constrúese arredor de fondos suaves, formas orgánicas e unha combinación de cores pensada para transmitir calma, seguridade e crecemento. A estrutura presenta o centro, o equipo, a metodoloxía, os servizos de intervención terapéutica e un blog divulgativo, todo en galego e castelán.

Encargueime da proposta de cores e tipografías, do deseño e desenvolvemento da web e da estrutura técnica de SEO, incluída a xerarquía de títulos e a organización dos contidos. Inclúoa porque representa ben un proxecto no que a interface non pode ser allea ao servizo: a web tamén debía sentirse como un espazo seguro, cálido e profesional.

«Contactei con Anxo para facer a páxina web do meu Centro de Terapia Infantil e desde o comezo o acompañamento foi moi cercano e fluído, o que me permitiu avanzar sen estrés e sentíndome moi ben asesorada.

O que máis gratitude me produce é que fixo unha lectura moi acertada das necesidades da empresa e do que eu quería trasmitir. Todos os seus consellos melloraron as miñas ideas iniciais.

O traballo de Anxo deu como resultado a web que eu estaba buscando, unha web sinxela e elegante que transmite profesionalidade sen perder a calidez.

Todo un acerto atoparte».

Agrilar Psicovivenciada
Eva Gómez

Centro de Psicomotricidade Vivenciada Agrilar

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar