Ecommerce, Web corporativa
2023

Artesáns Reposteiros Fina Rei

Unha tenda online multilingüe cun deseño completamente personalizado para presentar chocolates e doces artesanais, facilitar a compra e trasladar á pantalla a personalidade de Fina Rei.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://finarrei.com
Captura da web de FINARREI S.L.  en escritorio
Captura da web de FINARREI S.L.  en móbil
Negocio / proxecto

FINARREI S.L.

Idioma

Galego e castelán

Tecnoloxía

WordPress e tenda online

En colaboración con

Arela Márketing Sostible

Máis sobre o proxecto

Fina Rei é un obradoiro de repostaría artesanal de Allariz con máis de cincuenta anos de historia. A súa tenda reúne produtos tradicionais, bombóns, chocolates, turróns, agasallos e creacións propias nas que o produto, a presentación e a identidade teñen tanto peso como o propio sabor.

Aquí non servía unha tenda xenérica cun logotipo colocado enriba.

A interface deseñouse á medida do que a marca quería transmitir: tradición, historia, coidado, calidade e unha forma artesanal de facer as cousas. A estrutura multilingüe organiza o catálogo por familias de produto e facilita explorar coleccións moi diferentes sen perder a coherencia visual. O blog, a historia do obradoiro e os contidos sobre sustentabilidade e personalización completan unha experiencia que vai máis alá da compra.

Encargueime do deseño e desenvolvemento da tenda en liña, adaptando cada parte da interface á identidade de Fina Rei e procurando que o resultado fose atractivo, rápido e cómodo en móbil. Inclúoa porque representa ben o reto dun comercio electrónico no que non abonda con vender produtos: a web tamén ten que transmitir o valor, o coidado e a personalidade que hai detrás de cada un.

«A web de Fina Rei foi un proxecto complexo. Anxo soubo entender e recoller as necesidades da marca e obter unha páxina web e tenda en liña que cumpren co dobre obxectivo de deseño único e sitio accesible para os usuarios/as.

Traballar con Anxo significa que o proxecto avanza de maneira segura pola atención que pon e o valor que achega en cada paso».

Foto de David Lourido
David Lourido

Estratexia e márketing para Fina Rei

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar