Ecommerce, Web corporativa
2026

Cabañas Fisterra

Redeseño dunha web turística rápida e orientada ao posicionamento, cunha tenda a medida que automatiza a creación, personalización, pago e envío de bonos regalo para terceiras persoas.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://cabanasfisterra.com
Captura da web de Cabañas Fisterra en escritorio
Captura da web de Cabañas Fisterra en móbil
Negocio / proxecto

Cabañas Fisterra

Idioma

Castelán

Tecnoloxía

WordPress con contidos dinámicos e tenda online

En colaboración con

Javier Boquete

Máis sobre o proxecto

Cabanas Fisterra é un pequeno complexo de nove cabanas con vistas ao mar, terraza e jacuzzi situado entre a ría e a montaña, en Fisterra. O primeiro obxectivo foi renovar por completo a súa páxina web cunha interface máis atractiva, rápida e preparada para móbiles, capaz de transmitir mellor a experiencia do aloxamento.

O redeseño acompañouse dunha revisión da estrutura de títulos, dunha investigación básica de palabras clave e dun traballo de SEO na páxina orientado a buscas relacionadas con cabanas, escapadas románticas e aloxamentos en Fisterra. Pero a parte máis interesante do proxecto estaba na venda dos bonos regalo, que ata ese momento se xestionaba manualmente.

Desenvolvín unha tenda e un sistema a medida para configurar os diferentes bonos, personalizalos, envialos a outra persoa e controlar de maneira dinámica se estaban pagados. Tras completar a compra, o cliente pode recibir ou imprimir o bono sen que o equipo teña que preparalo manualmente cada vez.

Inclúoa porque representa ben o valor dunha automatización pequena, pero moi concreta. A web non só presenta mellor o aloxamento: elimina tarefas repetitivas, permite vender bonos a calquera hora e converte un proceso manual nunha nova vía de ingresos que funciona practicamente soa.

En colaboración con Javier Boquete, que se encargou de renovar a identidade corporativa da empresa.

«Traballo con Anxo en diferentes proxectos dende fai 6 anos, e en todos eles o que máis destaco é sin dúbida a súa gran experiencia e seriedade, o seu empeño en adaptar toda e cada unha das webs ós requerimentos de cada proxecto e a súa capacidade de traballo de xeito autónomo.

Traballar con Anxo significa delegar con 100% de confianza o deseño web e saber que unha web que moitas veces está nun pequeno boceto, cobra realidade gracias a súa implicación, experiencia e capacidade de execución.

Confío plenamente en Anxo».

Foto de Javier Boquete
Javier Boquete

Asesor de Marketing a emprendedores e PYMES

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar