Web corporativa
2025

Camino de Santiago Kids

Unha web pensada para familias que queren facer o Camiño de Santiago, con servizos segmentados, contido útil e unha interface próxima, clara e orientada a dar tranquilidade.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://caminodesantiagokids.com/
Captura da web de Mailen Simaes en escritorio
Captura da web de Mailen Simaes en móbil
Negocio / proxecto

Camino de Santiago Kids

Idioma

Castelán

Tecnoloxía

WordPress

Máis sobre o proxecto

Camino de Santiago Kids é un proxecto emprendedor que organiza experiencias do Camiño adaptadas a familias, crianzas e grupos educativos. Non se limita a preparar rutas: deseña viaxes nas que a seguridade, o ritmo, a aprendizaxe e a convivencia forman parte da experiencia.

O público non eran peregrinos convencionais.

A web tiña que falar con familias que se preguntan se os seus fillos aguantarán as etapas, como se organiza a loxística ou que actividades poden facer durante o percorrido. Por iso, os servizos estrutúranse segundo necesidades concretas: grupos de familias, centros educativos, viaxes privadas, experiencias personalizadas e obradoiros. O blog completa esa parte comercial con consellos e contidos útiles para preparar a viaxe con máis seguridade.

Encargueime de adaptar e deseñar a interface da páxina web, organizar os servizos e traballar a estrutura de títulos mediante unha investigación básica de palabras clave, a xerarquía de títulos e a orientación dos contidos. Inclúoa porque mostra que deseñar para un público concreto non consiste en cambiar as fotografías. Consiste en entender as súas dúbidas, anticipalas e construír unha web que lles faga pensar que esa experiencia tamén está ao seu alcance.

«Anxo fixo a páxina web do meu emprendemento. O seu traballo non foi só informático, senón que me guiou e axudou na creación do contido da mesma.

Escoitoume sempre e reuniuse comigo todas as veces que fixo falta para que a web tivese un bo contido, funcionamento, estética e posicionamento. O que máis valoro é o seu trato e servizo personalizado; en todo momento respondeu ás miñas dúbidas e explicoume como potenciar o meu proxecto aproveitando ao máximo o uso da web.

Axudoume na creación do contido, mellorando o posicionamento da páxina e maximizando as visitas e conversións. Recomendo os seus servizos ao 100%.»

Foto de Mailén Simães
Mailen Simaes

Responsable de Camino de Santiago Kids

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar