Blog, Directorio
2025

Catálogo de videoxogos en galego. Xogalego

Un catálogo dinámico para descubrir videoxogos en galego, con fichas completas, busca avanzada e filtros que converten centos de títulos dispersos nun recurso de consulta útil de primeiro nivel.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://xogalego.gal
Captura da web de Iago Gordillo en escritorio
Captura da web de Iago Gordillo en móbil
Negocio / proxecto

Xogalego

Idioma

Galego

Tecnoloxía

WordPress con directorio e filtrado

Máis sobre o proxecto

Xogalego é un catálogo de videoxogos dispoñibles en galego impulsado polo equipo de Recuncho Gamer. Nace para resolver un problema concreto: os en galego xogos existen, pero localizalos entre plataformas con información incompleta ou incorrecta non é doado.

Non se trataba de facer unha listaxe de títulos.

Cada videoxogo ten unha ficha construída con contidos dinámicos: descrición, plataformas, categorías, características, vídeos, galerías, recensións e ligazóns para xogar ou mercalo. As seccións aparecen ou desaparecen segundo a información dispoñible, e todo o catálogo pode explorarse mediante un buscador e filtros combinables. Moitos datos, pero sen obrigar a ninguén a rebuscar entre eles.

Encargueime do desenvolvemento web, da adaptación da identidade visual e da creación do modelo das fichas, do buscador e do sistema de filtrado. Inclúoo porque é unha ferramenta dixital real: ordena centos de títulos, fai visible contido que estaba espallado e permite atopalo rapidamente nunha web preparada para seguir medrando.

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar