Web corporativa
2022

Centro Veterinario Esteiro

Unha web bilingüe e monocromática para presentar os servizos dun centro veterinario en Ferrol, transmitir confianza e amosar con claridade o equipo, as instalacións e o seu traballo.
Pasa o rato para percorrer a páxina
Captura da web de Centro Veterinario Esteiro en escritorio
Captura da web de Centro Veterinario Esteiro en móbil
Negocio / proxecto

Centro Veterinario Esteiro

Idioma

Galego e castelán

Tecnoloxía

WordPress

Máis sobre o proxecto

O Centro Veterinario Esteiro é unha clínica de Ferrol especializada na atención de cans e gatos. A web presenta o centro, o equipo e unha oferta ampla de servizos que inclúe medicina interna, laboratorio propio, radiografía, ecografía, cirurxía, tenda especializada e perruquería.

A interface constrúese arredor dunha identidade visual moi contida, co azul como cor protagonista e unha composición limpa que axuda a transmitir confianza, profesionalidade e proximidade. A galería permite coñecer as instalacións e ver o espazo no que se atende os animais, mentres que o blog serve para publicar contidos relacionados coa súa saúde e coidado.

Encargueime do deseño e desenvolvemento da web en galego e castelán, procurando que a navegación fose clara, rápida e cómoda desde móbil. Inclúoa porque representa ben unha web corporativa sanitaria na que o máis importante non é sorprender, senón explicar os servizos, transmitir seguridade e facer doado contactar co centro.

Moi contento coa primeira web do meu negocio: esteiro.gal.

Anxo diseñou dende zero unha web moderna para o meu negocio. Se tivera que lanzar outra web non dudaría en encargarlla.

O que máis valoro do servizo foi por un lado o cumplimento dos prazos falados nun principio e logo que me sentín representado co traballo realizado.

Considero que dotarme de web propia axudou a posicionar o meu negocio en internet.

Ademais a día de hoxe coas IAs estas aliméntanse do contido da miña páxina web polo que me axuda a que as respostas que dean sexan do meu agrado.

felipe-vazquez
Felipe Vázquez

Veterinario

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar