Christian Entrena é a web profesional de Christian Veiga, adestrador de kárate e preparador de deportistas de competición. A páxina presenta o seu método, os diferentes niveis de adestramento e unha proposta que combina técnica, táctica e preparación física.
Neste caso non facía falta unha web complexa.
Facía falta unha presenza dixital capaz de transmitir disciplina, experiencia e confianza sen recargar a mensaxe. A interface parte dunha paleta de cores monocromática, estruturas sinxelas e unha xerarquía moi clara para explicar quen é Christian, como traballa e que pode achegar a cada deportista. O blog permite, ademais, ampliar esa proposta con contidos arredor do kárate de competición.
Encargueime do deseño e desenvolvemento da web, poñendo especial atención na adaptación a todos os dispositivos, na velocidade de carga e na optimización xeral. Inclúoa porque demostra que unha web profesional non necesita artificios para transmitir valor. Cando a estrutura, a identidade e a mensaxe están ben resoltas, a sinxeleza deixa de parecer básica e comeza a ser a escolla correcta.

