Revista dixital
2025

Clara Corbelhe

Redeseño e reconstrución dunha publicación dixital para ordenar anos de revistas, artigos, libros, anuarios e formación, reforzar a seguridade e facilitar a consulta e o crecemento futuro.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://claracorbelhe.gal
Captura da web de Associação Espaço Clara Corbelhe en escritorio
Captura da web de Associação Espaço Clara Corbelhe en móbil
Negocio / proxecto

Associação Espaço Clara Corbelhe

Idioma

Galego-portugués

Tecnoloxía

WordPress con contidos dinámicos

Máis sobre o proxecto

O Instituto Clara Corbelhe de Estudos Críticos Galegos é un espazo de investigación, publicación e formación arredor do pensamento crítico sobre a sociedade galega. O proxecto reúne artigos dixitais, unha revista monográfica, libros, anuarios, xornadas de estudo e contidos de actualidade.

A web xa existía, pero necesitaba algo máis fondo ca un cambio de aspecto.

Por unha banda, foi necesaria unha intervención importante para corrixir problemas de seguridade. Pola outra, había que reorganizar unha gran cantidade de información que medrara sen unha estrutura preparada para facelo: publicacións tratadas como páxinas independentes, contidos difíciles de relacionar e recursos que non sempre aparecían onde correspondía.

O traballo consistiu en redeseñar a interface seguindo unha identidade deliberadamente editorial, dominada polo branco e negro e próxima á lectura dunha revista impresa, e reconstruír a arquitectura interna. Artigos, revistas, libros, anuarios, formación e actualidade pasaron a funcionar como contidos dinámicos, cada un coa súa estrutura, o seu arquivo e o seu lugar dentro da web. Tamén incorporamos un buscador para recuperar publicacións antigas sen ter que coñecer previamente onde estaban gardadas.

Inclúoa porque amosa un traballo que vai bastante máis alá de cambiar unha portada. Había que asegurar a web, entender anos de contido acumulado e deixala preparada para seguir publicando.

Traballamos con Anxo na renovación integral do sitio web do Instituto Clara Corbelhe de Estudos Críticos Galegos. O obxectivo era conferir ao proxecto unha imaxe máis institucional, ampliar as funcionalidades da páxina entendida como repositorio de produción intelectual propia (publicacións, videos e galerías fotográficas) e optimizar o sistema de fidelización da nosa base de subscritoras (as Caseteiras).

Ao longo de todo o proceso, o Anxo demostrou unha enorme flexibilidade, acompañando a evolución das ideas e adaptando a proposta ás nosas necesidades. O deseño reflectiu exactamente o que procurabamos, e foi enriquecido por suxestións súas que acollemos integralmente.

O resultado foi unha melloría moi significativa da funcionalidade, da navegabilidade e da identidade visual da nosa web. Recomendamos o trabalho do Anxo sen reserva, pola súa seriedade, excelencia técnica e estética e pola calidade da comunicación co cliente.

Foto de Helena Miguélez
Helena Miguélez Carballeira

Conselho de redação

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar