Comunidades de Innovación Rural é unha rede creada para conectar ideas, persoas e proxectos que traballan pola transformación do territorio. A web presenta a iniciativa, a súa axenda de actividades e un directorio cos proxectos que forman parte da comunidade.
Pero a parte pública é só a porta de entrada.
Dentro da plataforma, cada participante pode crear e actualizar o seu perfil, explicar que pode achegar e que busca na comunidade e incorporarse a diferentes grupos de traballo. Estes grupos funcionan como espazos privados de conversa, organizados por temas, nos que compartir experiencias, formular preguntas e construír respostas entre persoas con intereses comúns.
A intranet incorpora tamén un campus de formación. As persoas usuarias poden matricularse gratuitamente nos cursos, avanzar polas leccións e marcar os contidos completados. Perfís, foros, grupos, proxectos e formación conviven así dentro dunha mesma instalación, cun sistema de acceso e unha estrutura compartida.
Inclúoa porque representa ben o que ocorre cando unha web deixa de ser un lugar onde ler información e pasa a ser un espazo no que suceden cousas. O reto non era engadir un directorio, un foro e uns cursos por separado. Era conseguir que todo funcionase como unha única comunidade dixital, útil para quen a xestiona e comprensible para quen participa.


