Axenda, Blog, Web corporativa
2024

Concello de Cervantes

Unha web institucional clara e directa para facilitar trámites, documentación, actualidade e contacto, cunha sección turística que pon en valor o territorio dos Ancares e rutas locais.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://concellocervantes.es
Captura da web de Concello de Cervantes en escritorio
Captura da web de Concello de Cervantes en móbil
Negocio / proxecto

Concello de Cervantes

Idioma

Galego

Tecnoloxía

WordPress con contidos dinámicos

En colaboración con

Arela Márketing Sostible

Máis sobre o proxecto

A web do Concello de Cervantes reúne a información institucional, os servizos municipais e os recursos que a veciñanza necesita no seu día a día. Permite acceder á sede electrónica, ao taboleiro de anuncios, ao portal de transparencia, ás convocatorias de emprego, á documentación e ás diferentes vías de contacto co Concello.

Nunha web dunha institución, o deseño non debe competir coa información.

O traballo consistiu en ordenar os accesos principais, dar visibilidade aos trámites máis frecuentes e construír unha navegación clara para que calquera persoa poida atopar o que busca sen percorrer menús interminables. A actualidade e a axenda permiten, ademais, manter informada a veciñanza sobre novas, convocatorias e actividades.

A web reserva tamén un espazo importante ao turismo, con información sobre rutas, patrimonio, natureza, gastronomía e puntos de interese do municipio. Esta parte permite presentar Cervantes non só como administración, senón tamén como porta de entrada ao corazón dos Ancares.

Inclúoa porque representa ben o que debe ser unha web institucional: accesible, rápida e sen artificios innecesarios. O valor non está en sorprender a quen entra, senón en conseguir que unha persoa poida facer un trámite, descargar un documento, consultar unha actividade ou preparar unha visita sen perder tempo.

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar