Web corporativa
2025

Cuenta AI

Unha web visual e animada para explicar como CuentaAI transforma unha situación cotiá nunha historia con pictogramas, facendo comprensible a aplicación antes mesmo de crear unha conta.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://cuentaai.org
Captura da web de David Viña en escritorio
Captura da web de David Viña en móbil
Negocio / proxecto

Cuenta AI, historias sociales para tu hijo

Idioma

Castelán

Tecnoloxía

WordPress

Máis sobre o proxecto

CuentaAI é unha aplicación creada por David Viña para xerar historias sociais con pictogramas e textos sinxelos. Está pensada para axudar a crianzas con TEA e outras necesidades a anticipar situacións cotiás, comprender que vai ocorrer e afrontar cada experiencia con maior seguridade.

A web tiña unha misión moi concreta: conseguir que as familias entendesen como funcionaba a ferramenta antes de rexistrarse.

O reto non estaba tanto no desenvolvemento técnico como na maneira de representar o proceso. Deseñamos unha secuencia animada que simula a escrita dunha petición (por exemplo, os pasos para ir ao dentista) e mostra como a aplicación a transforma nunha historia visual con texto e pictogramas. En poucos segundos, a propia web explica que hai que facer e que resultado se vai obter.

Encargueime do deseño da interface, cores e tipografías e do desenvolvemento web. Inclúoa porque demostra que unha web pequena tamén pode ter un reto de deseño: non abondaba con describir a aplicación. Había que facela comprensible, intuitiva e próxima sen obrigar a ninguén a ler un manual antes de probala.

«Anxo deseñou a web de CuentaAI partindo de cero, cando o proxecto era só unha idea: crear historias sociais con pictogramas para nenos e nenas con TEA.

O que máis destaco é a tranquilidade de traballar con alguén no que podes delegar. Foron un par de meses cunha comunicación moi boa e con autonomía total pola súa parte. Eu prefería que decidise él coa súa experiencia, e acertou de cheo.

O resultado transmite exactamente o que quería: un proxecto social, accesible e próximo ás familias. Recoméndoo con total confianza».

Foto de David Viña
David Viña

Creador de CuentaAI e full-stack AI Engineer

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar