Blog, Web corporativa
2023

Equal Leadership

Unha web corporativa para presentar un proxecto europeo sobre igualdade no liderado, reunir entidades participantes e divulgar actividades, resultados, recursos e boas prácticas de maneira clara.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://equalleadership.eu
Captura da web de Fundación Ronsel en escritorio
Captura da web de Fundación Ronsel en móbil
Negocio / proxecto

Equal Leadership

Idioma

Inglés

Tecnoloxía

WordPress con contidos dinámicos

Máis sobre o proxecto

Equal Leadership é un proxecto europeo orientado a promover unha representación máis equilibrada de mulleres e homes nos espazos de decisión política e económica. Nel participan universidades, fundacións e entidades de varios países da Unión Europea, coordinadas pola Universidade Católica Portuguesa.

A web debía presentar unha iniciativa complexa de maneira clara e cumprir cos requisitos habituais dun proxecto financiado pola Unión Europea. A estrutura organiza os obxectivos, as entidades participantes, as actividades e os resultados xerados, ademais dunha sección de novas para documentar encontros, conferencias e avances do programa.

Encargueime do deseño e desenvolvemento dunha web corporativa sinxela, preparada para incorporar contidos e adaptada á identidade e aos estándares de comunicación do proxecto. Inclúoa porque representa ben un tipo de traballo no que o máis importante non é sorprender coa interface, senón ordenar información institucional, dar visibilidade ao consorcio e facilitar que recursos e resultados europeos poidan consultarse desde un único lugar.

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar