Directorio, Intranet, Mapa interactivo
2024

Ficar Aquí

Unha plataforma de oportunidades no rural galego que organiza ofertas, traspasos e relevos, e permite buscalos e xeolocalizalos mediante fichas dinámicas, filtros e mapas interactivos en liña.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://ficaraqui.gal
Captura da web de Enxerta, S.L. en escritorio
Captura da web de Enxerta, S.L. en móbil
Negocio / proxecto

Ficar Aquí - Enxerta, S.L.

Idioma

Galego

Tecnoloxía

WordPress con contidos dinámicos

En colaboración con

Arela Márketing Sostible

Máis sobre o proxecto

Ficar Aquí é unha plataforma de emprego e oportunidades no rural galego. Reúne ofertas de traballo, negocios en venda ou traspaso, propostas de relevo xeracional e oportunidades de colaboración que, doutro xeito, quedarían espalladas entre concellos, entidades e pequenas iniciativas locais.

O reto era converter información moi diferente nun sistema común.

Cada oportunidade funciona como unha ficha dinámica cos seus propios datos: empresa ou entidade, sector, localización, condicións, tipo de operación, forma de contacto e outros campos que aparecen ou desaparecen segundo o caso. As fichas poden consultarse mediante buscadores e filtros por provincia, comarca, concello, actividade ou tipo de oportunidade, ademais de situarse sobre un mapa interactivo.

Encargueime do desenvolvemento web a partir do deseño facilitado polo equipo de Ficar Aquí. Construín a arquitectura dos diferentes tipos de oportunidades, os modelos de ficha, os filtros, as buscas e a integración coa xeolocalización.

Inclúoa porque non é unha web que simplemente publica ofertas. É unha base de datos territorial preparada para ordenar información moi diversa e facer visible onde sucede. Nun proxecto que busca crear oportunidades no rural, poder atopalas tamén forma parte da solución.

Con Ficar Aquí queriamos crear unha plataforma web que recollese nun mesmo espazo toda a información sobre emprego, emprendemento e oportunidades no rural galego. Desde o principio sabiamos que era un reto tecnolóxico importante: había moitas fontes, tipos de contido e funcionalidades diferentes que integrar nun único portal, e precisabamos que todo iso fose sinxelo de xestionar no día a día.

Desde o primeiro momento, Anxo involucrouse no proxecto coma se fose propio. Non se limitou a desenvolver o que nós tiñamos pensado, senón que participou activamente na definición da solución, facendo recomendacións para mellorar o plantexamento inicial e achegando alternativas técnicas que nos permitiron simplificar procesos e facer máis eficiente a operativa da plataforma.

Isto foi especialmente importante nun proxecto como Ficar Aquí, no que non só buscabamos conseguir unha web que funcionase, senón unha ferramenta que puidese manterse e medrar no tempo. Anxo axudounos a darlle forma ao proxecto, a tomar decisións pensando no longo prazo e mesmo a introducir cuestións relacionadas co modelo de negocio e coa sustentabilidade operativa e económica da plataforma.

Unha das cousas que máis valoramos da súa forma de traballar é a seriedade. Cumpre cos prazos, coida moito os detalles e ten un compromiso claro coa calidade do resultado final. Antes de facer unha entrega realiza un control de calidade moi detallado e revisa o proxecto para detectar e corrixir calquera problema antes de que chegue a nós. Pode parecer un detalle menor, pero nun proxecto web marca unha diferenza enorme.

Ademais, é un gran coñecedor de WordPress e das tecnoloxías web. Iso fai que proxectos que inicialmente poden parecer complexos se vaian resolvendo con naturalidade. É fácil traballar con el porque entende rapidamente o que necesitas, sabe traducilo a unha solución técnica e, cando considera que hai unha forma mellor de facelo, explícaa e propona.

Foto de Ana Díaz
Ana Díaz

Comunicación e márketing

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar