Portfolio, Web corporativa
2020

FormArte

Unha web corporativa para presentar unha escola de moda, organizar cursos e obradoiros e demostrar o traballo do alumnado mediante portfolio, actualidade e contido especializado do sector.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://formar-arte.com/
Captura da web de FormArte en escritorio
Captura da web de FormArte en móbil
Negocio / proxecto

FormArte

Idioma

Castelán

Tecnoloxía

WordPress con contidos dinámicos

Máis sobre o proxecto

FormArte é unha escola de moda da Coruña orientada á formación de futuros profesionais do deseño. A web presenta o centro, o equipo docente e unha oferta que combina estudos completos de deseño de moda con cursos, seminarios e obradoiros de confección, patronaxe ou ilustración.

A estrutura debía explicar a proposta educativa, pero tamén demostrar o que sucede dentro da escola.

Por iso, o portfolio ocupa un lugar importante: permite mostrar proxectos, coleccións e traballos realizados polo alumnado durante a súa formación. O blog completa esa parte visual con desfiles, colaboracións, visitas, novidades do sector e actividades que conectan a aprendizaxe coa realidade profesional da moda.

Encargueime do deseño e desenvolvemento da web, organizando a información corporativa, os programas formativos, os cursos e os contidos dinámicos dentro dunha estrutura preparada para actualizarse con facilidade.

Inclúoa porque unha escola creativa non pode limitarse a enumerar temarios. A web tamén ten que ensinar o que aprende o alumnado, como traballa e que é capaz de crear antes de saír ao mercado profesional.

«Traballar con Anxo foi, desde o principio, eficiente e cómodo. É unha persoa organizada que en todo momento guía o proceso de creación da web para entender o que o cliente quere e conseguilo no mínimo tempo posible.

Cumpre os tempos pactados e achega ideas e coñecementos moi útiles, non só de creación de webs, que é o servizo que contrataramos, senón de conversión, métodos de pago… En canto á titoría de WordPress, nótase que ten experiencia como docente, explica as cousas de modo sinxelo e achega moita información útil.

Estamos moi satisfeitos co seu traballo e sen dúbida recomendariámolo a outras empresas que queiran mellorar a súa presenza en liña».

Foto de Fernando Suárez
Fernando Suárez

Director da escola FormArte

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar