Web corporativa
2025

Fraga dos Mouros

Unha web bilingüe que converte natureza, mitoloxía e artes escénicas nunha identidade dixital coherente, atractiva e rápida, conectada cun proxecto cultural profundamente ligado ao territorio.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://fragadosmouros.com
Captura da web de Ramón Chantada en escritorio
Captura da web de Ramón Chantada en móbil
Negocio / proxecto

Fraga dos Mouros

Idioma

Galego e castelán

Tecnoloxía

WordPress

Máis sobre o proxecto

Fraga dos Mouros é unha proposta de espectáculos e actividades que une circo, teatro, música, malabares, mitoloxía e natureza. O proxecto desenvólvese tanto de maneira itinerante como nun espazo físico situado na serra do Faro, en Chantada, onde o bosque se converte no escenario da experiencia.

A web tiña que explicar esas dúas dimensións sen separalas artificialmente: os espectáculos e obradoiros que poden levarse a centros ou eventos e as actividades que teñen lugar na propia fraga. As cores, as tipografías, as fotografías, os textos e a composición visual traballáronse para transmitir natureza, tradición oral, xogo e escena sen caer nunha estética infantil nin nunha web cultural xenérica.

Encargueime da proposta de identidade visual, da selección de cores e tipografías, do deseño da interface e do desenvolvemento multilingüe en galego e castelán. Inclúoa porque é un bo exemplo de coherencia: unha web na que forma e contido reman na mesma dirección, atractiva sen ser recargada e optimizada sen renunciar á personalidade.

«Traballar con Anxo foi unha experiencia doada e agradable. Destacaría a súa proximidade, a súa capacidade para escoitar e a honestidade coa que asesora.

Soubo acompañarme en cada paso, adaptándose ás miñas necesidades e propoñendo solucións sen complicar as cousas. Así fomos dándolle forma á web con calma e confianza.

Ademais, sempre falou con claridade, explicando as distintas opcións e recomendando o que realmente consideraba mellor para o proxecto, sen crear falsas expectativas.

Quedei encantado co resultado final. Recomendaría a Anxo sen dúbida polo seu trato próximo, a súa implicación, a eficacia e o rigor con que acompaña todo o proceso».

Foto de Ramón Gato
Ramón Chantada

Impulsor de Fraga dos Mouros

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar