Web corporativa
2024

Helena Murados avogada

Unha web bilingüe, clara e rápida para presentar os servizos dunha avogada en Lugo, transmitir proximidade e reforzar o seu posicionamento nas buscas locais.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://helenamurados.com
Captura da web de Helena Murados en escritorio
Captura da web de Helena Murados en móbil
Negocio / proxecto

Helena Murados avogada

Idioma

Galego e castelán

Tecnoloxía

WordPress

Máis sobre o proxecto

Helena Murados é avogada en Lugo e presta asesoramento en dereito penal, laboral e de familia. A web debía presentar os seus servizos, explicar a súa forma de traballar e facilitar o contacto cunha profesional que aposta pola proximidade, a comunicación clara e o trato personalizado.

Non facía falta construír unha web xurídica cargada de formalismos.

Facía falta que unha persoa cun problema legal puidese entender rapidamente en que casos pode axudala Helena, coñecer a profesional que hai detrás do despacho e saber como contactar con ela. A interface adapta a súa identidade corporativa a unha estrutura limpa e bilingüe en galego e castelán, pensada para funcionar con claridade en móbil e cargar con rapidez.

Encargueime do deseño e desenvolvemento da web, así como da organización dos contidos e da estrutura de títulos orientada ao posicionamento local para servizos xurídicos en Lugo. Inclúoa porque representa ben o valor dunha web corporativa pequena cando está ben enfocada: non necesita aparentar ser un gran bufete, senón transmitir confianza, explicar os servizos e facer doado dar o primeiro paso.

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar