Ecommerce, Web corporativa
2023

Herrajes Martínez

Unha tenda online con centos de referencias, prezos personalizados e acceso restrinxido a usuarios, pensada para automatizar pedidos de provedores, distribuidores e talleres do sector.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://herrajesmartinezsl.com/
Captura da web de Herrajes Martínez en escritorio
Captura da web de Herrajes Martínez en móbil
Negocio / proxecto

Herrajes Martínez

Idioma

Castelán

Tecnoloxía

WordPress e tenda online con contidos dinámicos

Máis sobre o proxecto

Herrajes Martínez é unha empresa da Guarda especializada na fabricación e distribución de accesorios para cerrallaría, portas e carpintaría metálica. A web presenta a súa historia, as solucións a medida, as novidades e documentación descargable, ademais dun catálogo moi amplo organizado por familias de produto.

Pero a parte central do proxecto é a tenda profesional.

Centos de referencias categorizadas e preparadas para localizarse mediante navegación, filtros e busca. Cada produto conta coa súa propia ficha, mais o prezo non é igual para todo o mundo: varía segundo a tipoloxía e as condicións comerciais asignadas a cada cliente.

Ademais, non calquera persoa pode entrar e mercar directamente.

O cliente profesional necesita unha conta previamente aprobada. Unha vez validado, accede aos seus prezos específicos e pode realizar pedidos desde a propia web. Isto permite trasladar ao comercio electrónico unhas relacións comerciais que antes dependían en maior medida de chamadas, correos, catálogos e xestións manuais.

Encargueime do desenvolvemento da web, do catálogo e da lóxica personalizada de usuarios, prezos e compra. Inclúoa porque representa ben unha tenda en liña complexa que non vende só ao público xeral: adapta a experiencia a cada cliente e converte a web nunha ferramenta real de vendas para provedores, distribuidores e talleres.

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar