Blog, Web corporativa
2019

Iago Fraga

Unha páxina web para reorganizar anos de contido, presentar servizos de consultoría e mentoría e adaptar unha nova identidade corporativa á evolución profesional de Iago Fraga.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://iagofraga.com
Captura da web de Iago Fraga en escritorio
Captura da web de Iago Fraga en móbil
Negocio / proxecto

Iago Fraga, productividad para empresas

Idioma

Castelán

Tecnoloxía

WordPress con contidos dinámicos

Máis sobre o proxecto

Iago Fraga é consultor de produtividade para empresas, formador e creador dun amplo ecosistema de contidos arredor da produtividade intelixente. A súa web reúne servizos de consultoría, auditoría, mentoría e formación, ademais dun blog cun arquivo moi extenso e unha newsletter propia.

O reto non era só facer unha web nova.

Había que reorganizar unha traxectoria construída durante anos, adaptar a nova identidade corporativa e conseguir que persoas con necesidades moi diferentes entendesen rapidamente por onde empezar. A estrutura separa os servizos para empresas, a mentoría individual, a formación e os recursos gratuítos, e converte un volume enorme de coñecemento nun percorrido máis claro e orientado á contratación.

Encargueime de adaptar a identidade visual á interface e de desenvolver a nova web, traballando especialmente a xerarquía dos contidos, a presentación do valor profesional e a forma de explicar os programas de acompañamento. Inclúoa porque foi un proxecto especialmente enriquecedor: obrigoume a entender un negocio xa maduro, con moita autoridade e moitos contidos, con moito tráfico orgánico e axudarlle a ter unha presenza dixital máis ordenada.

«Contratei a Anxo para o redeseño da miña páxina web que é o centro do meu negocio. Necesitaba un deseño serio, elegante e que cargase rápido (xa consciente de que era unha web difícil) porque os meus clientes son empresarios que non teñen tempo pero a impresión en a penas un minuto decide todo.

Pois ben, non só estou contentísimo co resultado (que á vista está) senón ademais con como levou o proxecto. Encantoume o coñecemento que ten Anxo de todo o proceso, a experiencia recomendando configuracións, plugins e extras, pero sobre todo sobre todo que che entrega o prometido.

E para min isto foi clave porque hoxe en día incluso pagando moito máis non tes esa garantía e para min foi unha gozada que me dixese desde o día 1 o que se podía e non se podía facer e logo ilo vendo cumprirse tal cal. Amplamente recomendado».

 

Foto de Iago Fraga
Iago Fraga

Emprendedor

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar