Mapa interactivo
2025

Incendios .Gal

Un mapa colaborativo creado a medida para xeolocalizar incendios e incidencias, compartir imaxes ou vídeos e centralizar información cidadá útil desde calquera dispositivo en tempo real.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://incendios.gal/
Captura da web de Incendios .Gal en escritorio
Captura da web de Incendios .Gal en móbil
Negocio / proxecto

Incendios .Gal

Idioma

Galego

Tecnoloxía

Programación PHP e JS a medida. Open Street Maps

Máis sobre o proxecto

Incendios.gal é un proxecto propio e aberto que permite consultar e comunicar incendios ou incidencias relacionadas. A cidadanía pode sinalar lume visible, fume, estradas cortadas, medios de emerxencia ou outras situacións relevantes nun mapa común. Non substitúe os servizos oficiais: ante unha emerxencia, a propia web remite ao 112 ou ao 085.

O centro do proxecto é un mapa interactivo desenvolto a medida mediante PHP e JavaScript sobre OpenStreetMap. Desde un formulario preparado para móbil e ordenador, calquera persoa pode marcar directamente a localización, escoller o tipo de incidencia e engadir unha descrición, unha fotografía ou un vídeo. O aviso publícase xeolocalizado para que poida ser consultado polo resto da comunidade.

Encargueime da idea, do deseño e de toda a programación da plataforma. Inclúoa porque mostra unha parte do meu traballo que vai máis alá de adaptar WordPress: deseñar unha ferramenta cartográfica completa, resolver a xeolocalización e a subida de arquivos e conseguir que todo funcione de maneira rápida e sinxela desde o móbil.

Este é un proxecto no que participo personalmente. Podes atopar máis info na súa entrada da sección de proxectos.

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar