Web corporativa
2022

Javier Boquete

Web bilingüe para presentar os valores, a experiencia e os servizos dun consultor de emprendemento, cunha estrutura clara e proposta profesional comprensible.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://javierboquete.com/
Captura da web de Javier Boquete en escritorio
Captura da web de Javier Boquete en móbil
Negocio / proxecto

Javier Boquete

Idioma

Galego e castelán

Tecnoloxía

WordPress

Máis sobre o proxecto

Javier Boquete é consultor de emprendemento e márketing para persoas autónomas, pequenas empresas e proxectos que necesitan converter unha idea nun negocio viable. A súa web presenta a experiencia profesional, os valores e unha maneira de traballar baseada no acompañamento directo durante todo o proceso.

O principal reto era facer tanxible un servizo que, a primeira vista, pode resultar abstracto.

A estrutura explica o seu método a través de pasos concretos: coñecer o público, analizar a competencia, definir a proposta de valor e establecer obxectivos. Tamén incorpora unha selección de empresas e entidades coas que colaborou, achegando contexto e credibilidade sen converter a web nunha sucesión de logotipos.

Encargueime do deseño e desenvolvemento da web en galego e castelán, procurando que a personalidade e os valores de Javier ocupasen un lugar tan importante como os propios servizos. Inclúoa porque representa ben o reto dunha marca persoal: transformar experiencia, criterio e acompañamento nunha proposta clara que unha persoa poida entender antes de manter a primeira conversa.

«Traballar con Anxo é sobre todo saber que delegas unha parte do teu traballo en plena confianza a alguén co bo facer de Anxo.

É axil na orzamentación, creativo no deseño e experimentado na programación, aspectos claves nun profesional que ofrece os servizos de Anxo.

Valoro sobre todo a capacidade que ten de xestionar de forma completa un proxecto web, dende a concepción ata a finalización pasando polo posicionamento. Traballo e traballarei con él porque é unha garantía de éxito para calquera proxecto que desexe convertir a súa web nun canal de venta efectivo nos tempos que corren».

Foto de Javier Boquete
Javier Boquete

Consultor e mentor

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar