JoseRGTrad é a marca profesional de Jose Rodríguez, tradutor especializado en tradución audiovisual, localización de videoxogos e subtitulado. A web presenta os seus servizos en galego, castelán e inglés, tanto para clientes galegos como para proxectos internacionais.
O reto era explicar con claridade especialidades que adoitan meterse todas no mesmo saco.
Cada servizo dispón do seu propio espazo, cunha estrutura pensada para responder ás buscas dos potenciais clientes e explicar as diferenzas entre traducir unha obra audiovisual, localizar un videoxogo ou preparar subtítulos profesionais. O portfolio permite, ademais, demostrar experiencia con traballos reais sen depender unicamente dun discurso comercial.
Encargueime do deseño e desenvolvemento da web, da investigación de palabras clave, da estrutura de títulos e do apoio na redacción e organización dos contidos nos tres idiomas. Inclúoa porque representa ben o que debe facer unha web corporativa profesional: cargar rápido, explicar unha especialización concreta e posicionarse para as buscas adecuadas.


