Blog, Web corporativa
2020

Lo mejor de ti mismo

Unha web corporativa con servizos, blog e lecturas recomendadas, deseñada nos primeiros anos da miña traxectoria e aínda útil para explicar a evolución do meu traballo.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://susilopez.com
Captura da web de Susi López en escritorio
Captura da web de Susi López en móbil
Negocio / proxecto

Lo mejor de ti mismo

Idioma

Castelán

Tecnoloxía

WordPress

Máis sobre o proxecto

Susi López ofrece acompañamento persoal e procesos de coaching para persoas que atravesan momentos de cambio, bloqueo ou dificultade. A web presenta a súa forma de traballar, os servizos, a experiencia profesional e diferentes vías de contacto, ademais de recoller testemuños de persoas que xa realizaron ese proceso.

A estrutura complétase cun blog sobre crecemento persoal e benestar e cun apartado de lecturas recomendadas, pensado para ampliar os temas que se traballan durante o acompañamento. A interface emprega diferentes capas, bloques superpostos e composicións menos convencionais, que no seu momento supuxeron un reto para conseguir que todo encaixase correctamente en distintos tamaños de pantalla.

Encargueime do deseño e do desenvolvemento completo da web. Inclúoa porque pertence aos meus primeiros anos como profesional e forma parte da evolución do meu traballo. Non representa exactamente como deseñaría hoxe, pero si amosa unha etapa, unhas decisións e unha maneira de resolver interfaces que me axudaron a chegar ata aquí.

«Cando decidín ter unha páxina web para ofrecer os meus servizos como coach persoal, busquei a alguén con experiencia, pero á vez próximo. Alguén que se involucrase no proxecto, alguén con quen debater as miñas ideas e deixarme aconsellar. Esa persoa foi Anxo Sánchez. Enseguida comprendeu o que eu buscaba e fíxoo posible. Achegou moitas ideas, e tamén tivo en conta as miñas, creando unha páxina elegante, sinxela e sen complicacións nin para quen a visita nin para min á hora de publicar contido.

Así, o que máis valoro desta relación comercial, foi a proximidade, o saber escoitarme, interpretar dunha forma moi precisa o que eu buscaba para este proxecto. Aínda estou a empezar pero todo vai segundo o previsto, con calma. Todos os consellos que Anxo deume sérvenme para mellorar día a día. Recoméndovos que, se buscades a alguén con quen traballar, deádeslle a oportunidade.

É bo no seu, moi bo».

Foto de Susi López
Susi López

Coach personal

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar