Web corporativa
2024

Lorena Fernández Coach

Unha one-page para presentar experiencia, autoridade e servizos profesionais, con navegación por áncoras, formularios segmentados e unha interface coidada que conduce ao contacto.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://lorenafernandezcoach.com/
Captura da web de Lorena Fernández en escritorio
Captura da web de Lorena Fernández en móbil
Negocio / proxecto

Lorena Fernández Coach

Idioma

Castelán

Tecnoloxía

WordPress

En colaboración con

Sara de Nanuc Design

Máis sobre o proxecto

Lorena Fernández é formadora e coach especializada en dirección de persoas, liderado, comunicación e desenvolvemento de equipos. A web presenta a súa experiencia, os seus valores e os servizos que ofrece tanto a empresas como a persoas que buscan acompañamento profesional ou persoal.

Neste caso, toda a comunicación concéntrase nunha única páxina.

Un menú de áncoras permite percorrer directamente a presentación, os servizos, as empresas coas que traballou e o contacto. A estrutura organiza unha oferta ampla (formación, liderado, igualdade, habilidades profesionais, coaching e mentoría) sen obrigar a saltar entre múltiples páxinas nin perder o fío da proposta.

A conversión tamén se traballou de maneira específica. A páxina remata con formularios diferentes para empresas e particulares, adaptando as opcións e as preguntas ao tipo de acompañamento que busca cada público.

Encargueime do desenvolvemento web e da adaptación da interface nun proxecto realizado en colaboración con Sara, de Nanuc Design. Inclúoa porque demostra que unha páxina única non ten por que ser unha versión reducida dunha web. Ben estruturada, pode presentar autoridade, ordenar moitos servizos e conducir cara ao contacto sen distraccións.

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar