Web corporativa
2022

María Alonso Seisdedos

Unha web bilingüe e monocromática para presentar a traxectoria, os premios e as obras dunha tradutora editorial, construíndo autoridade cunha interface sobria, persoal e elegante.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://mariaalonsoseisdedos.gal/
Captura da web de María Alonso Seisdedos en escritorio
Captura da web de María Alonso Seisdedos en móbil
Negocio / proxecto

María Alonso Seisdedos

Idioma

Galego e castelán

Tecnoloxía

WordPress con contidos dinámicos

Máis sobre o proxecto

María Alonso Seisdedos é tradutora e revisora editorial cunha longa traxectoria profesional. Traballa desde diferentes linguas cara ao galego e ao castelán e participou na tradución de obras de autoras e autores como Orhan Pamuk, James Joyce, Irene Solà ou Natalia Ginzburg.

A web debía ordenar e presentar unha carreira con moito que contar.

A estrutura reúne a súa biografía, os premios recibidos, os textos propios e un catálogo de obras traducidas. Cada libro dispón dunha ficha cos datos da obra orixinal, a editorial, o idioma, o ano de publicación e outros recoñecementos. Todo funciona en galego e castelán, facendo que a experiencia e os traballos realizados sexan o principal argumento de autoridade.

Encargueime do deseño e do desenvolvemento da web, cunha interface monocromática e en escala de grises que deixa o protagonismo á palabra, ás fotografías e ás cubertas dos libros. Inclúoa porque representa ben unha marca persoal cunha traxectoria sólida: non necesita prometer experiencia, senón organizala e facela visible.

«Anxo Sánchez soubo adaptarse decontado ás características singulares da web que lle pedía. Entendeu á primeira o enfoque que esixía o oficio que desempeño e as súas particularidades, e cumpriu de sobra cos prazos que acordamos.

Non só iso.

O deseño que me procurou superou as miñas expectativas. Foi velo e pensar: «Xusto o que quería, pero aínda mellor do que o imaxinaba!». Ademais, unha vez rematado o sitio, explicoume o seu manexo paso a paso, dun xeito doado de entender. Agora dispoño dun escaparate no que mostrar o meu traballo e ofrecer os meus servizos do que me sinto orgullosa.

Se alguén, sexa ou non do meu medio laboral, me pregunta por un profesional competente, teño clarísimo cal vai ser a miña resposta: Anxo Sánchez».

Foto de María Alonso Seisdedos
María Alonso Seisdedos

Autora e tradutora

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar