Web corporativa
2026

Mel Casa Príncipe

Unha páxina web pequena e bilingüe para presentar un mel artesanal dos Ancares, poñer en valor os cortíns e converter territorio, produto e historia en marca.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://casaprincipe.com
Captura da web de Casa Príncipe en escritorio
Captura da web de Casa Príncipe en móbil
Negocio / proxecto

Mel Casa Príncipe

Idioma

Galego e castelán

Tecnoloxía

WordPress

En colaboración con

Arela Márketing Sostible

Máis sobre o proxecto

Casa Príncipe é un pequeno proxecto familiar de Navia de Suarna que produce mel nas montañas dos Ancares. A web debía presentar as diferentes opcións, facilitar o contacto e contar unha historia ligada ás abellas, ao territorio e ao legado familiar.

Non facía falta unha tenda enorme nin unha web cargada de seccións.

Facía falta transmitir por que este mel non podería saír de calquera outro lugar. Por iso, a web non fala só do produto: tamén pon en valor os cortíns, construcións tradicionais de pedra que protexían as colmeas e que forman parte dunha cultura abelleira practicamente desaparecida.

Encargueime da selección das cores, da proposta tipográfica, do deseño da interface e de todo o desenvolvemento da web en galego e castelán. Inclúoa porque demostra que un negocio pequeno non necesita aparentar ser máis grande do que é. Necesita unha identidade coidada, unha mensaxe clara e unha web capaz de facer que un bo produto local tamén se perciba como tal.

Anxo e Arela facemos un bo equipo porque Anxo ten a sensibilidade para que se precisa para abordar os proxectos pensando nas necesidades reais dos clientes, independentemente do tamaño do proxecto no que traballa.

A web de Mel Casa Príncipe debía transmitir a relación entre o produto local, o territorio e a historia detrás da marca, sen complicar a experiencia do usuario.

Gústanos especialmente este proxecto porque demostra que unha boa solución web non depende do tamaño da empresa, senón de entender ben o que hai detrás de cada marca.

Anxo trasladou todo o que hai detrás desta marca a unha páxina web moi funcional e bonita.

Foto de Ana Díaz
Ana Díaz

Comunicación e márketing

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar