Ecommerce, Web corporativa
2023

Mi Taller de Flores

Unha web visual e delicada para presentar servizos de arte floral e vender composicións de flores secas e preservadas mediante unha tenda online clara e atractiva.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://mitallerdeflores.com/
Captura da web de Mi Taller de Flores en escritorio
Captura da web de Mi Taller de Flores en móbil
Negocio / proxecto

Mi Taller de Flores

Idioma

Castelán

Tecnoloxía

WordPress e tenda online

Máis sobre o proxecto

Mi Taller de Flores é un estudo de arte floral situado en Pontedeume, especializado en flores secas e preservadas. O proxecto ofrece ramos, coroas, decoración para celebracións, agasallos personalizados e obradoiros, cun estilo propio entre o romántico e o rústico.

A web debía trasladar ese coidado á pantalla.

A interface deseñouse cunha estética suave, visual e moi ligada ao produto, deixando que as fotografías, as cores e as texturas das composicións ocupasen o primeiro plano. A estrutura presenta os servizos, explica as diferenzas entre flor seca e preservada e facilita descubrir o traballo do estudo sen sobrecargar a navegación.

Desenvolvín tamén a tenda en liña, onde cada produto conta coa súa propia ficha, fotografías, medidas, indicacións de conservación, condicións de envío e compra directa. O catálogo permite vender coroas, caixas, vasos e outras composicións artesanais máis alá do establecemento físico.

Inclúoa porque representa ben un comercio electrónico no que o deseño forma parte da venda. Non abonda con colocar os produtos nunha grella: a web ten que transmitir o coidado, a sensibilidade e o carácter artesanal que fan que cada composición sexa especial.

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar