Ecommerce, Sitio de cursos
2021

Na Utopía

Unha plataforma de formación en liña en galego que combina deseño, contido e un comercio electrónico para vender cursos, matricular alumnado e ofrecer unha experiencia completa.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://nautopia.gal/
Captura da web de Na Utopía en escritorio
Captura da web de Na Utopía en móbil
Negocio / proxecto

Na Utopía

Idioma

Galego

Tecnoloxía

WordPress. Plataforma de cursos en liña

Máis sobre o proxecto

Na Utopía naceu como unha das primeiras plataformas dedicadas integramente á formación en liña en galego. A proposta reúne obradoiros sobre fotografía, deseño, artesanía, música, comunicación ou maquillaxe, impartidos por profesionais e pensados para aprender ao propio ritmo.

Era unha aposta arriscada.

Había que demostrar que tamén se podían crear cursos dixitais atractivos, profesionais e comercialmente viables na nosa lingua. A interface asumiu ese risco cun deseño visualmente potente, unha identidade moi recoñecible e un blog que servía para divulgar, posicionar o proxecto e explicar o valor da formación en galego.

Encargueime do deseño e do desenvolvemento completo da plataforma. A tenda permite mercar os obradoiros, crear automaticamente a conta do alumnado, matriculalo no curso correspondente e darlle acceso ás leccións dentro dunha área privada. Todo o proceso, desde a compra ata a aprendizaxe, ocorre nunha única instalación.

Inclúoa porque foi un proxecto que abriu camiño. Non só presentaba cursos: demostraba que WordPress podía converterse nunha plataforma completa de formación e que un proxecto integramente en galego podía competir en deseño, funcionamento e experiencia de usuario.

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar