Blog, Web corporativa
2025

Nas Nosas Mans

Unha web corporativa rápida e visualmente coidada para presentar un centro de benestar animal, explicar os seus servizos e transmitir confianza, proximidade e profesionalidade.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://nasnosasmans.com/
Captura da web de Nas Nosas Mans en escritorio
Captura da web de Nas Nosas Mans en móbil
Negocio / proxecto

Nas Nosas Mans

Idioma

Galego

Tecnoloxía

WordPress

Máis sobre o proxecto

Nas Nosas Mans é un centro de benestar animal que combina experiencia, ciencia e acompañamento para axudar os animais a recuperar movemento, enerxía e calidade de vida mediante terapias adaptadas a cada caso.

A web presenta servizos vinculados á educación, á fisioterapia, á mellora do rendemento e ao benestar xeral, ademais dun blog, información de contacto e a localización do centro. Non é unha plataforma complexa. O valor está en explicar con claridade unha proposta aínda pouco habitual e facelo cunha imaxe que transmita coidado, profesionalidade e confianza.

Encargueime da proposta de interface e do desenvolvemento web, adaptando a identidade corporativa mediante unha combinación de cores, tipografías e iconografía propia. Tamén se traballou especialmente a versión móbil, a velocidade de carga e a optimización xeral.

Inclúoa porque representa ben unha web corporativa na que o deseño si importa. Non para chamar a atención porque si, senón para conseguir que un proxecto sensible e especializado se perciba desde o primeiro momento como serio, próximo e ben coidado.

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar