Nortecreando é unha axencia de comunicación e márketing dixital con sede na Coruña. Traballa estratexia de marca, redes sociais, campañas, creación de contidos e comunicación para empresas que necesitan poñer máis orde e intención no que contan.
O proxecto partía dunha marca que xa deixara atrás a súa primeira etapa.
Había que reformular a web anterior, adaptar a nova identidade corporativa e organizar unha oferta de servizos cada vez máis ampla. A interface debía transmitir creatividade e personalidade, pero tamén criterio, método e capacidade para traballar con empresas consolidadas. A estrutura complétase cun blog que permite compartir coñecemento e reforzar o posicionamento da axencia.
Encargueime do desenvolvemento web e de trasladar á interface o deseño traballado en colaboración con Sara, de Nanuc Design. O resultado é unha web visualmente atrevida, con composicións e recursos propios, pero clara á hora de presentar os servizos e conducir cara ao contacto.
Inclúoa porque representa ben o redeseño dunha marca en crecemento.


