Ecommerce, Web corporativa
2024

Queixería Verbas

Unha web e tenda en liña para presentar queixos de autor elaborados en Arzúa, transmitir a súa produción ecolóxica e facilitar a compra directa ao produtor.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://verbasqueixo.com/
Captura da web de Queixería Verbas en escritorio
Captura da web de Queixería Verbas en móbil
Negocio / proxecto

Queixería Verbas

Idioma

Galego

Tecnoloxía

WordPress e tenda online

Máis sobre o proxecto

Queixos Verbas é un proxecto de produción familiar e ecolóxica situado na contorna de Arzúa. Nace da unión de tres granxas e dunha pequena queixería que aposta por elaborar queixos de autor co leite das súas propias vacas, criadas nunha contorna respectuosa co medio e coa biodiversidade.

A web debía facer visible todo o que hai detrás do produto.

Non só os queixos, senón tamén as granxas, a forma de produción, o territorio e unha maneira de traballar sen aditivos, ceras nin artificios innecesarios. A interface, as cores e as tipografías construíronse para transmitir proximidade, carácter artesanal e unha identidade propia, afastada tanto da estética industrial como da típica web rural xenérica.

Encargueime da proposta visual, do deseño e do desenvolvemento web, incluída a tenda en liña. O catálogo permite descubrir e mercar as diferentes variedades de queixo directamente ao produtor, integrando a parte comercial coa historia e os valores do proxecto.

Inclúoa porque representa ben unha tenda de produto local na que a venda non pode separarse do relato. O valor non está só no que chega á casa, senón en entender de onde vén, como se produce e por que ese queixo non podería ser de calquera outro lugar.

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar